Secretaría Uvigo

Bolsas para a realización de cursos no Centro de Linguas 2018/19

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019-10 BLINGUAS
Data inicio solicitudes15/04/2019
Data fin solicitudes06/05/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/4419
Descripción

Obxecto:

Bolsas para facilitar a aprendizaxe de linguas estranxeiras ao alumnado de titulacións oficiais da Universidade de Vigo financiando o custo de matrícula nos cursos do Centro de Linguas da Universidade

Contía:

Será equivalente ao 75% do importe de matrícula do curso de linguas. So se percibirá o importe correspondente a un curso. Unha vez adxudicadas todas as axudas, de non esgotarse o crédito, poderase subvencionar un segundo curso que sexa continuación doutro rematado e subvencionado neste mesmo curso académico)

Requisitos
  1. Posuír a nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea, ou de terceiros países cando se acredite a condición de residente en España.
  2. Estar matriculado/a no prazo de presentación de solicitudes nalgunha das titulacións oficiais de grao, máster e doutoramento da Universidade de Vigo.
  3. No caso do alumnado de continuación de estudos de Grao e Máster ter superado o 40% dos créditos matriculados no último curso.
  4. Ter realizado ou comprometerse a realizar un curso de idiomas no Centro de linguas no curso 2018/2019

Queda excluído o alumnado estranxeiro que acceda á Universidade de Vigo a través de calquera programa de mobilidade internacional e o alumnado visitante

Documentacion

Solicitude:

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro. No caso contrario a solicitude non será tramitada

Documentación:

O alumnado que accedeu ao máster desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación y Formación Profesional a través do seguinte enlace

http://www.educacionyfp.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/203615/ficha.html

 

Observacións

Obrigas:

A persoa beneficiaria deberá:

- matricularse nalgún dos cursos impartidos polo Centro de linguas

- asistir como mínimo ao 85% das horas do curso.

 

A bolsa concedida queda condicionada á efectiva matrícula no curso de idiomas para o que os beneficiarios/as deberán aterse ao procedemento e prazos de matrícula establecidos no Centro de Linguas

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Web Bolsas de estudo: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Web Centro de Linguas: http://cdl.uvigo.es/

16/05/2019 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións ata o 24 de maio

Documentos dunha fase de convocatoria:

06/06/2019 Listaxe provisoria de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

Establécese un prazo de alegacións ata o día 20 de xuño

 

A bolsa concedida provisoriamente, queda condicionada á efectiva matrícula no curso de idiomas para o que os beneficiarios/as deberán aterse ao procedemento e prazos de matrícula establecidos no Centro de Linguas

 

 Lémbrase que a persoa beneficiaria deberá:

  • matricularse nalgún dos cursos impartidos polo Centro de Linguas
  • asistir como mínimo ao 85% das horas do curso
Documentos dunha fase de convocatoria:

26/06/2019 Listaxe definitiva de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

A bolsa concedida queda condicionada á efectiva matrícula no curso de idiomas para o que os beneficiarios/as deberán aterse ao procedemento e prazos de matrícula establecidos no Centro de Linguas e á asistencia a un mínimo do 85% das horas do curso. No caso de que non efectuarse a matrícula concederase a bolsa a seguinte persoa da lista de agarda

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás