2025 - CAMPUS CAMP- Universidade de Vigo
Tipo | Campus Camp |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2025 - Campus Camp |
Descripción | Convocatoria de participación nas actividades do "Campus Camp 2025" da Universidade de Vigo. |
Requisitos | Quen pode solicitar: Nais e pais pertencentes á comunidade universitaria da Universidade de Vigo (estudantes, PTXAS e PDI) dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo, para as/os súas/seus fillas/os ou acollidas/os legalmente. Idade das/os menores: entre os 3 e os 16 anos. A idade límite aplicarase ao inicio da quenda na que se pretenda inscribir ao menor, independentemente da publicación desta convocatoria ou dos prazos establecidos para as inscricións. |
Documentacion | Prazos inscrición: Campus de Ourense e Vigo: Inscrición do 19 de maio ao 12 de xuño de 2025 Acceso a área de inscrición: - Campus Ourense: enlace Campus Activo - Campus Vigo: enlace Campus Activo Campus de Pontevedra: no período de reserva previa non se acadou o número mínimo de reservas (15 menores). |
Observacións | Importante: 1º A persoa solicitante, no aplicativo de Campus Activo, na pantalla inicial de "datos de usuario/a" ten que comprobar se os fillos ou fillas que desexa inscribir no campus Camp, están dados de alta como “usuarios/as tutelados/as” e teñen asignado o colectivo de “Fillo/a de persoa da comunidade UVigo”. 2º Se non figuran como "usuarios/as tutelado" o solicitará despregando o apartado de “Usuarios/as tutelados/as”/ e premendo no botón de “+Novo”, cumprimentará os datos e subir o arquivo co libro de familia escaneado en tódalas follas. Unha vez sexa validada a solicitude, recibirá un e-mail. Este proceso de alta de "Usuario/a tutelado" é recomendable realizalo antes de que se inicie o prazo de inscrición do campus camp. Teña en conta: Para a reserva previa e a inscrición, pode consultar no apartado de documentación a "Guía de cómo facelo" INFORMACIÓN E CONSULTAS: Campus de Vigo: Sección de Extensión Universitaria - 986 813 626 - mail: extension@uvigo.gal Campus Ourense: Área de servizos á comunidade - 988 387 102 - 988 387 089 - mail: asc-ou@uvigo.gal Campus Pontevedra: Área de servizos á comunidade - 986 801 949 - 986 801 955 - mail: asc-po@uvigo.gal
|
Documentos da convocatoria | |
Campus Camp 2025 - Convocatoria
Documentos da fase da convocatoria: | |
Solicitude cambio quenda campus Camp 2025
Descrición | |
O presente documento contén a "guía de solicitude de cambio de quenda" no Campus Camp e as ligazóns ao formulario de solicitude. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |