Secretaría Uvigo
.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.
RANKINGS.
A Universidade de Vigo, consciente da importancia do rendemento de contas, leva varios anos participando nos ránkings nacionais e internacionais de educación superior máis relevantes. A nosa Universidade está presente nalgúns dos máis importantes.
Para coñecer o histórico de rankings, premios e distincións pódense consultar nos arquivos correspondentes que se atopan na parte inferior desta páxina.
A edición do QS World University Rankings by Subjetc coloca a Uvigo entre as mellores do mundo en cinco materias.
Destaca no eido da Enerxía do Petróleo, e no de Agricultura. QS World University Rankings. +info.
A UVigo, no posto 16 das mellores universidades españolas de menos de 50 anos.
A nivel mundial está no rango entre 201-250 das institución de recente creación. Segundo o The Times Higher Education Young University Rankings. +info
A UVigo destaca entre as 40 mellores universidades do mundo no fomento do ODS de enerxía accesible e non contaminante
Segundo o Impact Rankings 2024 elaborado pola consultora Times Higher Education. Acada o posto 53 no ODS referido á igualdade de xénero e o 62 no que atinxe a educación de calidade. +info.
O ránking CWUR volve situar a UVigo no top 4% das universidades do mundo
Na clasificación global acada o posto 811, na europea, o 315 e na nacional, o 27. +info.
O ránking QS 2025 reconfirma a UVigo na franxa 901-950 das mellores universidades do mundo.
A institución académica viguesa acada o posto 25 en España. +info.
A UVigo, no posto 322 do ránking QS de universidades europeas
Os aspectos mellor valorados son a sostibilidade e as redes de investigación internacionais. +info.
A UVigo baixa 300 postos no Ránking Shanghai: entre as 900 mellores do mundo
Na edición do 2024 a UVigo mellora en 3 dos 6 indicadores. (Atlántico Diario) (+info)
A UVigo mantense na franxa 801-1000 das mellores universidades do mundo segundo o ránking Times Higher Education 2025
O aspecto no que a institución segue obtendo a mellor valoración é a calidade da investigación. (DUVI) (+Info).
David Posada lidera a lista dos 43 investigadores da UVigo máis citados do mundo segundo o ránking de Stanford
O catedrático ocupa o posto 11 dentro da súa área de coñecemento e o 727 na listaxe. global. (DUVI) (+Info).
A UVigo destaca como a oitava universidade máis sostible do Estado
Segundo o QS World University Rankings: Sustainability 2025 ocupa o posto 281 do mundo. (DUVI) (+Info).
-
Documentos adxuntos :
- Informe rankings 2024 ( pdf, 2.882,77 KB. )
- Boletín novas rankings 2024 ( pdf, 745,71 KB. )
- Informe rankings 2023 ( pdf, 2.781,80 KB. )
- Boletín novas rankings 2023 ( pdf, 740,35 KB. )
- Informe rankings 2022 ( pdf, 1.897,53 KB. )
- Boletín novas rankings 2022 ( pdf, 570,47 KB. )
- informe de rankings 2021 ( pdf, 2.356,62 KB. )
- Boletín novas rankings 2021 ( docx, 1.293,26 KB. )
- Informe rankings 2020 ( pdf, 1.906,24 KB. )
- Boletín novas rankings 2020 ( pdf, 745,30 KB. )
- Informe rankings 2019 ( pdf, 1.756,55 KB. )
- Boletín novas rankings 2019 ( pdf, 925,98 KB. )
- Informe ranking 2018 ( pdf, 1.166,40 KB. )
- Boletín novas rankings 2018 ( pdf, 587,69 KB. )
- Informe rankings 2017 ( pdf, 891,17 KB. )
- Boletín novas rankings 2017 ( pdf, 819,53 KB. )
- Informe rankings 2016 ( pdf, 598,65 KB. )
- Informe rankings 2015 ( pdf, 256,49 KB. )