Secretaría Uvigo

.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.

RANKINGS.

A Universidade de Vigo, consciente da importancia do rendemento de contas, leva varios anos participando nos ránkings nacionais e internacionais de educación superior máis relevantes. A nosa Universidade está presente nalgúns dos máis importantes.

Para coñecer o histórico de rankings, premios e distincións  pódense consultar nos arquivos correspondentes que se atopan na parte inferior desta páxina.

A UVigo, no top 4% das universidades do mundo segundo o ránking CWUR

A Universidade de Vigo sitúase no top 4% de entre máis de 20.000 universidades de todo o mundo incluídas na edición de 2023 da lista Global 2000 que elabora o Center for World University Rankings (CWUR). +info.