Secretaría Uvigo

Premios á Excelencia académica para alumnado que inicia estudos de Grao, 2020/2021

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_EXCELENCIA INICIO GRAO
Data inicio solicitudes04/08/2020
Data fin solicitudes30/09/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal/
Descripción

Obxecto:

Incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao alumnado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na universidade, ou que teñan acadado un relevante éxito nas distintas fases das Olimpíadas científicas.

Nº de premios: 60

  • 13 premios ao alumnado con premio extraordinario de Bacharelato ou Ciclo Superior.
  • 12 premios ao alumnado clasificado en postos relevantes das fases internacional, nacional ou autonómica dalgunha das Olimpíadas científicas.
  • 25 premios ao alumnado con excelente resultado académico no Bacharelato.
  • 10 premios ao alumnado con excelente resultado académico no Ciclo Superior.

Contía: 600 €

 

Requisitos
  1. Estar matriculado por primeira vez en estudos de Grao na Universidade de Vigo no curso 2020/2021 e manter a condición de matrícula durante todo o curso académico.
  2. Ter finalizado os estudos de bacharelato ou ciclo superior no curso 2019/2020.
  3. Cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:
    • Obter premio extraordinario de Bacharelato ou Ciclo Superior da Xunta de Galicia no curso 2019/2020
    • Estar clasificado do 1º ao 3º posto da fase autonómica, ou do 1º ao 8º posto das fases nacional ou internacional dalgunha das Olimpíadas científicas celebradas no curso 2019/2020, recoñecidas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, ou pola Consellerías de educación das Comunidades Autónomas, ou aquelas nas que participe algunha Universidade na súa organización.
    • Ter unha puntuación igual ou superior a 8,5 puntos no expediente académico no Bacharelato.
    • Obter unha puntuación igual ou superior a 9 puntos no expediente académico no Ciclo Superior de formación profesional.
Documentacion

Solicitude:

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario existente na sede electrónica para este procedemento (https://sede.uvigo.gal).

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, se lle requirirá para que a emende a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que foi realizada a emenda.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal

O prazo de presentación das solicitudes será dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 30 de setembro de 2020 ás 23:59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supoñerá a non admisión a trámite da solicitude.

Documentación:

Deberán subir, segundo corresponda, a seguinte documentación:

  • Acreditación do premio extraordinario de Bacharelato ou Ciclo Superior.
  • Acreditación da Olimpíada Científica.
  • Certificación académica do Bacharelato ou Ciclo Superior, con nota media.
  • No caso de estudos estranxeiros de bacharelato, declaración de equivalencia da nota media.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

30/10/2020 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 13 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Para tal fin presentarán o formulario de alegacións existente na sede electrónica para este procedemento.

Documentos da fase da convocatoria:

23/11/2020 Listaxe provisoria de premios concedidos, denegados e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 7 de decembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Para tal fin presentarán o formulario de alegacións existente na sede electrónica para este procedemento

Documentos da fase da convocatoria:

14/12/2020 Listaxe defintiva de premios concedidos, denegados e listaxe de agarda

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás