Secretaría Uvigo

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2024

TipoGrupos de investigación
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2024XGCEDU30012024CONS
Data inicio solicitudes31/01/2024
Data fin solicitudes29/02/2024
Documentacion

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2024

Obxecto destas axudas:

Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.

Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.

Modalidade C: Proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando con traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto. Segundo as características poden presentarse a unha das seguintes modalidades:

- Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada

- Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

Observacións

Establécese un prazo interno ata o 6 de febreiro de 2024 para solicitar a participación nesta convocatoria nas modalidades de axudas a grupos de investigación. A solicitude farase presentando unha instancia xenérica na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/).

Nesta instancia, as persoas coordinadoras dos grupos de investigación deberán expoñer a modalidade da axuda que desexen solicitar (modalidade A: Grupos de referencia competitiva -GRC ou modalidade B: Grupos con potencial de crecemento -GPC).

O Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento comprobará se os grupos solicitantes acadan os requisitos mínimos esixidos na convocatoria. Unha vez comprobado que se cumpren, o Servizo expedirá os certificados de cumprimento dos mínimos, ingresos de I+D e de composición do grupo. Establécese un prazo interno para presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia e subir a memoria científico-técnica ata o 21 de febreiro de 2024.

IMPORTANTE: no presuposto da memoria deberase incluír os gastos para a elaboración dun informe anual de auditoría (GRC: 800 euros/ano; GPC e Excelencia: 500 euros/ano).

No caso da modalidade C: Proxectos de Excelencia, as persoas que reúnan os requisitos para solicitalas serán contactadas directamente polo Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento para indicarlles o procedemento que deben seguir.

NOVO PRAZO PARA SUBIR A MEMORIA: 6 DE MARZO DE 2024.

 

 

Prazo para resolver5 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Ligazón á páxina web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42233
Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240130/AnuncioG0655-281223-0008_es.html
Atrás