Secretaría Uvigo

Bolsas para persoas desprazadas de Ucraína en situación de protección internacional ou protección temporal

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023 Bolsa Uvigo-refuxio
Data inicio solicitudes22/09/2022
Data fin solicitudes13/10/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9735
Descripción

OBXECTO

Dada a excepcionalidade da situación actual o obxectivo desta convocatoria de bolsas é facilitar a integración no sistema universitario español a aquelas persoas con protección temporal por mor do conflito bélico de Ucraína, a través do Plan de Acción Universidade-Refuxio establecido na Orde 258/2022, de 1 de abril.

Requisitos

Pode solicitar bolsa as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter a condición de beneficiario/a de protección temporal outorgada en virtude da Decisión de Execución (UE) 2022/382 do Consello de 4 de marzo de 2022 a persoas afectadas polo conflito de Ucraína que poidan encontrar refuxio en España e pola Orde de 8 de marzo pola que se amplía a protección temporal.

 

  1. Estar en circunstancias de acceder a estudos Universitarios no seu país de orixe, ou estar cursando estudos universitarios no seu país de orixe.
  2. Residir nalgún dos concellos das provincias de Pontevedra e Ourense.

 

  1. Informe sobre a situación socioeconómica da persoa solicitante, emitido pola ONG que xestiona ou xestionou o expediente de protección internacional ou a entrada ao sistema de Acollida e Integración. No caso de non ter unha ONG de referencia pódese achegar un informe socioeconómico da Unidade de Traballo Social do municipio de residencia.

Dadas as especiais características destas bolsas e o interese humanitario das mesmas poderá obterse a condición de beneficiario destas axudas aínda que non se cumpran os requisitos establecidos no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Documentacion

O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 13 de outubro de 2022 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

  1. Así mesmo, deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña:
  2. Documento acreditativo da condición de beneficiario/a de protección temporal.
  3. Carta de motivación, onde se indique claramente o interese en cursar estudos universitarios.
  4. Certificado de padrón
  5. Curriculum vitae con acreditación dos méritos alegados.
  6. Documentación acreditativa das circunstancias alegadas para avaliar a situación de vulnerabilidade familiar.
  7. Documentación acreditativa de que a persoa está en disposición en Ucraína de cursar estudos Universitarios (certificacións académicas, solicitude de homologación de estudos de secundaria, outros documentos/evidencias...)
  8. Anexo II: Informe sobre a situación socioeconómica da persoa solicitante, emitido pola ONG que xestiona ou xestionou o expediente de protección internacional ou a entrada ao sistema de Acollida e Integración. No caso de non ter unha ONG de referencia pódese achegar un informe socioeconómico da Unidade de Traballo Social do municipio de residencia.

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para avaliar correctamente os requisitos e méritos alegados.

Observacións

A persoa beneficiaria deberá:

- Participar nas actividades orientadas a completar a súa formación e demais actividades académicas ao longo de todo o curso, entendendo como tales a asistencia a clase, a realización das probas e exames das materias nas que se atopan inscritas e a participación responsable nas demais actividades orientadas a completar a súa formación.

- Entregar unha memoria sobre a experiencia persoal e académica, no prazo dunha semana dende que remata o curso.

-  Manter a condición de solicitante ou beneficiario de protección temporal durante todo o curso.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=28949614
Atrás