Secretaría Uvigo

Premios GIRLGEEKCOVID da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-Uvigo, 2022/2023

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023 GIRL
Data inicio solicitudes26/07/2022
Data fin solicitudes30/09/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9694
Descripción

Estas premios teñen por obxecto incentivar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre as mulleres. Convócanse:

  • 1 premio e 1 accésit para as titulacións das ramas de Ciencias e de Ciencias da Saúde.
  • 1 premio e 1 accésit para as titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura
  • A contía individual máxima do premio é:

    • Premio GIRLGEEKCOVID Ciencias ou Ciencias da Saúde: 2 000,00 euros.
    • Accésit GIRLGEEKCOVID Ciencias ou Ciencias da Saúde: 1 000,00 euros
    • Premio GIRLGEEKCOVID Enxeñaría e Arquitectura: 2 000,00 euros.
    • Accésit GIRLGEEKCOVID Enxeñaría e Arquitectura: 1 000,00 euros
Requisitos

Poden solicitar o premio as mulleres que cumpran os seguintes requisitos:

  1. estar matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2022/2023 en 60 créditos en titulacións de grao ou mestrado oficial das ramas de Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias e Ciencias da Saúde dos campus de Pontevedra e Vigo
  2. no caso do estudantado de grao ter superados ata o curso 2021/2022 60 créditos da titulación na que se atopa matriculada.
  3. ter unha nota media do expediente de grao ata o curso 2021/2022 e de acceso aos estudos de mestrado igual ou superior a:
    • 7 nas titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
    • 8 nas titulacións da rama de Ciencias
    • 8 nas titulacións da rama de Ciencias da Saúde
  4. non ter recibido este premio en ningunha das convocatorias anteriores.
Documentacion

Xunto coa solicitude deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á Sede Electrónica):

  • Carta de motivación: as candidatas deberán presentar unha carta de motivación onde amosen, por unha banda, as razóns que as levaron a optar por realizar estudos universitarios no ámbito das STEM e, por outra, onde reflexionen sobre a súa experiencia persoal  como mulleres nun ámbito tradicionalmente masculinizado.
  • Certificación académica dos estudos realizados, no caso de que se realizasen nunha universidade distinta á de Vigo.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=27922985

19/10/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte á publicación e ata o día 3 de novembro ás 23:59 horas

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

09/11/2022: Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

15/11/2022: Listaxe provisoria de persoas con premio concedido e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 29 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

30/11/2022 Listaxe definitiva de persoas con premio concedido e listaxe de agarda

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás