Secretaría Uvigo

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE DOUTORAMENTO 2021-2022

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPED-2022
Data inicio solicitudes19/09/2022
Data fin solicitudes30/09/2022
Descripción

En cumprimento do establecido no artigo 45 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo, esta Reitoría resolve publicar  a convocatoria de Premios extraordinarios de doutoramento para as teses lidas nesta Universidade no curso académico 2021-2022 que acadaran a cualificación “Sobresaínte Cum Laude”,  abranguendo o período entre o 1 de setembro de 2021 ata o 31 de xullo de 2022.

O número de premios e a súa distribución por ámbitos publicarase mediante Resolución Reitoral no prazo previsto no calendario da convocatoria. Consideraranse para esta convocatoria os ámbitos de Ciencias, Arte e Humanidades, Enxeñaría e Arquitectura e Xurídico-Social coa subdivisión destes segundo os campos de avaliación definidos pola CNEAI (Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora). 

Requisitos

Os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

  1. Ter defendido a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de xullo de 2022. 
  2. Que a tese de doutoramento acadase a mención “Cum Laude”.
  3. Ter presentado no prazo establecido a documentación referida na sección 3 “Presentación formal de candidaturas”.
Documentacion

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da  “Instancia de participación nos premios extraordinarios de doutoramento”, dispoñible no catálogo de procedementos (“Premios Extraordinarios de Doutoramento 2022”) da sede electrónica da Universidade de Vigo, https://sede.uvigo.gal.

Documentos da convocatoria

RR da listaxe provisional de posibles persoas candidatas aos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2021-22 con campo cneai asignado

Descrición

De conformidade co establecido na R.R. do 27 de maio de 2022, pola que se publica a convocatoria de premios extraordinarios de doutoramento para as teses lidas no curso académico 2021/22, esta Reitoría resolve Publicar a listaxe provisional de posibles candidatos/as aos premios, con indicación do campo CNEAI asignado e da posesión ou non da Mención Internacional, de Cotutela ou doutoramento industrial.

Documentos da fase da convocatoria:

RR nº Premios, coa distribución por ámbitos e listaxe definitiva de posibles persoas candidatas con indicación do campo cneai

Descrición

Publicación do número de premios que se van a conceder coa distribución por campos CNEAI, dentro de cada ámbito, xunto coa listaxe definitiva de posibles candidatos/as aos premios, con indicación do campo CNEAI asignado e da posesión ou non dalgunha Mención.

Resolución provisional de tribunais para concesión dos Premios Extraordiarnios de Doutoramento

Descrición

Reunida a Comisión Permanente da Escola Internacional de Doutoramento o día 27 de xullo de 2022 e conforme ao establecido no artigo 46 do Regulamento de Estudos de Doutoramento (C.G. 07/02/2017), publícase a composición provisional dos tribunais para a concesión dos premios extraordinarios de doutoramento.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás