Secretaría Uvigo

Bolsas para a produción e desenvolvemento do proxecto artístico Future Stories

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022Future Stories
Data inicio solicitudes18/05/2022
Data fin solicitudes30/06/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9636
Descripción

Esta convocatoria ten por obxecto impulsar e promover ás carreiras dos/as estudantes do último ano do Grao en Belas Artes a través do desenvolvemento dun proxecto artístico a partir dos Traballos de Fin de Grao (TFG). Os TFG son o proxecto individual máis persoal do estudantado e tamén o último elo académico previo á súa vida profesional.

O proxecto consta de tres fases, unha fase de selección do estudantado, unha fase de desenvolvemento dos proxectos artísticos, e unha fase de exposición colectiva destes proxectos.

Requisitos

Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculado no curso 2021/2022 no Traballo fin de Grao (TFG) no Grao de Belas Artes da Universidade de Vigo.
  2. Presentar a memoria do TFG na que se especifiquen en todos os seus termos as ideas do seu proxecto, así como un completo e detallado dosier de imaxes da obra cos resultados finais obtidos.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, de 17 de novembro.

Documentacion
  • Memoria do TFG na que se especifiquen en todos os seus termos as ideas do seu proxecto, así como un completo e detallado dosier de imaxes da obra cos resultados finais obtidos.
  • Breve currículum acompañado de documentación gráfica de obras realizadas con anterioridade.

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para avaliar correctamente os requisitos e méritos alegados. O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas
Atrás