Secretaría Uvigo

Inclusión ou actualización dos datos no censo público de asociacións estudantís da Universidade de Vigo

TipoAsociacionismo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022 - ASOC. CENSO
Data inicio solicitudes29/04/2022
Data fin solicitudes25/11/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9620
Descripción

Convocatoria para a inclusión ou actualización dos datos no censo público de asociacións estudantís da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Requisitos

Terá a consideración de asociación de estudantes na Universidade de Vigo as que, constituídas de conformidade co establecido na Lei orgánica 1/2002 de 22 de marzo e no regulamento de estudantes da Universidade de Vigo, se comprometan e impliquen na defensa dos bens culturais e universitarios en réxime de liberdade, autonomía, representatividade e auténtica participación dos seus asociados e asociadas, dentro do respecto ao ordenamento xurídico do Estado, da Comunidade Autónoma de Galicia e da Universidade de Vigo.

Poden solicitar a inclusión no censo oficial de asociacións estudantís da Universidade de Vigo as asociacións estudantís nas que a porcentaxe de membros estudantes da Universidade de Vigo sexa igual ou superior ao 50% do total de persoas asociadas.

A solicitude debe ser cuberta pola persoa que ostenta a presidencia ou secretaría da asociación estudantil

Documentacion

Documentación que se ten que achegar:

- Para a inclusión no censo deberá achegar (subir), nun só arquivo, a seguinte documentación:

    • Anexo II: Compoñentes da xunta directiva. Todos os membros teñen que pertencer ao colectivo de estudantes da Universidade de Vigo, ou como mínimo a presidencia, secretaría e tesourería. Este impreso debe achegarse (subirse) debidamente cumprimentado e asinado (mediante sinatura electrónica) pola persoa que ostente a presidencia ou representante legal.
    • Acta de constitución da asociación estudantil, debidamente asinada por todos os promotores.
    • Certificación da súa condición de asociación legalizada pola Xunta de Galicia.
    • Fotocopia do CIF da asociación estudantil.
    • Estatutos da asociación estudantil, asinadas en todas as páxinas polos promotores e visados pola Xunta de Galicia e adaptados segundo o establecido la lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo (BOE do 26).
    • Fotocopia do libro de persoas asociadas. Indicarase, obrigatoriamente,  o nome e apelidos, DNI/NIE e a titulación na que se atopan matriculados os membros da asociación estudantil que sexan estudantes da Universidade de Vigo. Estes últimos non poderán constituír unha porcentaxe inferior ao 50% do total das persoas asociadas (para efectos de comprobar a porcentaxe do alumnado, terase en conta a matrícula no curso correspondente á data de presentación da solicitude).
    • Copia de DNI/NIE da persoa que ostenta a presidencia e do resto de promotores.
    • Programa de actividades para o ano 2022, cunha breve descrición de obxectivos e contidos, sendo imprescindible presentar un orzamento de gastos e ingresos previstos. Ten que estar aprobado en asemblea,  polo que é preciso que remitan unha copia da acta na que se aprobou, debidamente asinada.
 

- Para a actualización dos datos, deberá achegar (subir), nun só arquivo, a seguinte documentación:

    • Anexo II: Compoñentes da xunta directiva. Todos os membros teñen que pertencer ao colectivo de estudantes da Universidade de Vigo, ou como mínimo a presidencia, secretaría e tesourería. Este impreso debe achegarse (subirse) debidamente cumprimentado e asinado (mediante sinatura electrónica) pola persoa que ostente a presidencia ou representante legal.
    • Fotocopia do libro de persoas asociadas. Indicarase, obrigatoriamente,  o nome e apelidos, DNI/NIE e a titulación na que se atopan matriculados os membros da asociación estudantil que sexan estudantes da Universidade de Vigo. Estes últimos non poderán constituír unha porcentaxe inferior ao 50% do total das persoas asociadas (para efectos de comprobar a porcentaxe do alumnado, terase en conta a matrícula no curso correspondente á data de presentación da solicitude).
    • Síntese da actividade da asociación durante o ano 2022, con referencia ao funcionamento, programas levados a cabo, sendo imprescindible presentar un resumo dos orzamentos executados e grao de participación nas actividades. As actividades ten que estar aprobadas en asemblea,  polo que é preciso que remitan unha copia da acta na que se aprobou, debidamente asinada.
    • Programa de actividades para o ano 2023 cunha breve descrición de obxectivos e contidos, sendo imprescindible presentar un orzamento de gastos e ingresos previstos. Ten que ser aprobado en asemblea, polo que é preciso que remitan unha copia da acta na que se aprobou, debidamente asinada.

Para calquera modificación da asociación estudantil, a documentación esixida aparece reflectida na convocatoria.

Observacións

A solicitude debe ser cuberta pola persoa que ostenta a presidencia ou secretaría da asociación estudantil.

No apartado do formulario "Achegar ficheiro con toda a documentación" deberá subir, nun só arquivo, a documentación que se relaciona na convocatoria, o nome do ficheiro é o nome da asociación.

Ao rematar de encher o formulario, deberá xerar o PDF só do formulario, descargalo e asinalo con certificado dixital.

Deberá presentar o formulario (descargado e asinado) a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://www.uvigo.gal/) a través da Instancia Xenérica (SXER) (achegando unicamente a solicitude e non os anexos) e deberá dirixilo ao servizo de Xestión da Extensión Universitaria.

Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.

O prazo de presentación de solicitudes para a inclusión ou actualización dos datos no censo oficial de asociacións da Universidade de Vigo remata o 25 de novembro de 2022, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.

Documentos da convocatoria
Atrás