Premios á Excelencia Académica para estudantes que inicien estudos de Grao 2018/19

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-BPEG
Data de inicio de solicitudes16/07/2018
Data de fin de solicitudes17/10/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3607
Descripcion

Os premios teñen por obxecto incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao alumnado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na universidade, ou que teñan acadado un relevante éxito nas distintas fases das Olimpíadas científicas

Requisitos

Pode participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado por primeira vez en estudos de Grao na Universidade de Vigo no curso 2018/2019 e        manter a condición de matrícula durante todo o curso académico.

b) Ter finalizado os estudos de bacharelato ou ciclo superior no curso 2017/2018.

c)  Cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:

i) Obter premio extraordinario de Bacharelato ou Ciclo Superior da Xunta de Galicia no     curso 2017/2018.

ii) Estar clasificado do 1º ao 3º posto da fase autonómica, ou do 1º ao 8º posto das            fases nacional ou internacional dalgunha das Olimpíadas científicas celebradas no        curso 2017/2018, recoñecidas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, ou        pola Consellerías de educación das Comunidades Autónomas, ou aquelas nas que participe      algunha Universidade na súa organización.

iii) Ter unha puntuación igual ou superior a 8,5 puntos no expediente académico no                   Bacharelato.

iv) Obter unha puntuación igual ou superior a 9 puntos no expediente académico no Ciclo           Superior de formación profesional.

Documentacion

Certificación académica ou documentación acreditativa do mérito polo que se concede o premio

Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

08/11/2018 Listaxe provisoria de admitidos e excluídos

Observacións

Alegacións ata o 22 de novembro

Documentos dunha fase de convocatoria:

27/11/2018 Listaxe provisoria de premios concedidos, denegados e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións ata o 12 de decembro

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás