Convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao
Tipo | Convocatoria de estudos de grao |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | GRAO.2022/2023 |
Data inicio solicitudes | 01/06/2022 |
Data fin solicitudes | 15/10/2022 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://sede.uvigo.gal/ |
Descripción | A Universidade de Vigo, co fin de que a comunidade universitaria coñeza os procedementos de admisión, matrícula e avaliación, pretende mellorar a accesibilidade á información e a eficiencia na prestación destes servizos facendo uso da tecnoloxía dixital e garantindo a protección dos datos. Así mesmo, para facilitar e simplificar os trámites dos procedementos administrativos quere impulsar a utilización dos servizos de verificación e consulta da plataforma de Intermediación de datos polo que, salvo de existir oposición ou dificultades técnicas que impidan a súa cesión, verificarase a identidade e a residencia, así como datos académicos e do ministerio de xustiza cando resulten esenciais para a tramitación dos procedementos establecidos na presente convocatoria. O colectivo de estudantes de grao está formado por alumnado tanto de inicio como de continuación, de programas de intercambio ou en réxime de visitante e por persoas tituladas por universidades estranxeiras que precisan completar o trámite de homologación do seu título en España. Cada estudante, en función da súa vía de acceso, terá asignado un tipo de matrícula ademais dunha modalidade que determinará o seu réxime de permanencia e condicionará o seu dereito de avaliación e a posibilidade de simultanear outros estudos universitarios. O alumnado de inicio deberá elixir entre os procedementos de admisión, en función das súas preferencias e/ou posibilidades, e obter praza para poder formalizar a matrícula. Dependendo da vía elixida a solicitude farase segundo o establecido para cada caso na norma primeira. O estudantado de continuación non poderá incorrer nalgún impedimento propio do seu plan de estudos como é a perda ao dereito á docencia e/ou á avaliación nalgunha materia debido á extinción dese plan. Quen se atope nesta situación poderá adaptarse ao novo plan implantado consultando previamente o calendario de cada proceso, tanto no relativo á docencia como ao dereito de avaliación, xa que a posibilidade de matrícula pode verse moi limitada. Por todo o exposto, e en cumprimento do regulado nos estatutos, nas normas de xestión académica para titulacións de grao e na normativa de permanencia e progreso, esta reitoría resolve establecer os procedementos de admisión, matrícula e avaliación segundo as seguintes normas: Primeira. A admisión (prazos e documentación) Segunda. A matrícula (prazos e documentación) Terceira. A avaliación (calendario) |
Requisitos | Tanto para solicitar praza nunha titulación de grao na sede electrónica, segundo o procedemento establecido para cada caso na oferta de prazas, como para iniciar peticións de anulación total, cambio no réxime de permanencia, simultaneidade de estudos oficiais e avaliación por compensación, é necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica (certificado dixital, DNIe, cl@ve permanente, etc.). Ao facer estas peticións na sede electrónica é imprescindible indicar ben no apartado de medios de aviso de notificación no momento de iniciar este procedemento a dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións. |
Observacións | As reclamacións ou recursos interpostos relativos aos procedementos incluidos nestas normas resolveranse ao abeiro desta convocatoria e demais normativas e acordos que regulamenten o réxime do alumnado, sen prexuízo das disposicións legais e regulamentarias que sexan de aplicación en cada caso. Serán a Secretaría Xeral, a Xerencia e as vicerreitorías competentes en materia de xestión académica as que diten instrucións en aclaración e interpretación das normas de matrícula, e, publicándoas no taboleiros electrónico. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante a Xurisdición Contencioso-Administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa (BOE 14/07/1998). As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da mesma, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE 02/10/2015). A presente convocatoria publícase no taboleiro electrónico e entrará en vigor para o curso académico 2022/2023. |
Prazo para resolver | depende de cada procedemento |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Trámites para estudantes de grao (recoñecementos, traslados, certificacións, etc): | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/outros-tramites |
Acabo de chegar a UVigo: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/axuda/faq/10 |
Manual para crear o NIU ou recuperar o contrasinal: | https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2021-02/PROCEDEMENTO%20DE%20creacion-recuperacion%20niu-contrasinal-gl.pdf |
Listaxe das áreas académicas de grao nos centros: | https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/universidade/institucional/sede/secretarias_web.pdf |
Listaxe das direccións e decanatos dos centros: | https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/universidade/institucional/sede/decanatos_direccions_web.pdf |
Bolsas: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas |
Prezos públicos: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/prezos-publicos |