Secretaría Uvigo

Axudas Juan de la Cierva- Formación_2021

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteMinisterio de Ciencia, Innovación e Universidades
CódigoJC-FORMACIÓN_2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-contratos-juan-cierva-formacion-2021/orden-bases
Descripción

Convócanse 500 axudas para fomentar a contratación laboral de persoal doutor novo por un período de 2 anos para que completen a súa formación investigadora posdoutoral en centros de I+D españois distintos a aqueles nos que realizaron a súa formación predoutoral.

Diferéncianse dous trámites simultáneos:

  1. A presentación de candidaturas por parte do persoal investigador doutor aspirante que cumpra os requisitos exixidos pola convocatoria e que deberá tramitar persoalmente mediante o formulario electrónico de solicitude tal e como indican as bases, cuxo prazo comeza o 20 de xaneiro e remata o 3 de febreiro de 2022 ás 14.00 horas.
  2. A presentación dunha solicitude única por parte dos centros de I+D, Universidade de Vigo neste caso, coa relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura cuxo prazo remata o 10 de febreiro de 2022 ás 14 horas.
Requisitos

Deben ser consultados no artigo 68 da  Orden CIN/1478/2021, de 27 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión das axudas Ramón y Cajal e das axudas Juan de la Cierva-Formación, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada correspondente ao ano 2021. 

Documentacion

Proceso interno para poder presentar a súa candidatura pola Universidade de Vigo: 

- Enviar o formulario interno para presentar candidaturas debidamente cuberto e asinado que aparece como adxunto a estas instrucións como moi tarde o 24 de xaneiro de 2022 ás 15.00  horas.

- Remitir á Sección de Recursos Humanos de I+D os documentos orixinais debidamente asinados que xere automaticamente a aplicación despois de ter validado e enviado o formulario de solicitude dispoñible na sede electrónica do ministerio como moi tarde o 4 de febreiro de 2022. 

A documentación necesaria para presentar unha candidatura ás axudas é a sinalada nas disposicións específicas das axudas Juan de la Cierva-Formación que se indican na resolución de convocatoria realizada polo Ministerio (art. 72)

Observacións

Posto que a Universidade de Vigo, como centro de I+D, debe presentar unha instancia de solicitude xunto cunha relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura, é imprescindible seguir as instrucións internas que se poden consultar no documento adxunto a esta convocatoria.

 

Documentos da convocatoria
Atrás