Bolsa para o inicio de estudos en Máster oficial, 2021/22
Tipo | Bolsa de estudo |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2021_2022 BIM |
Data inicio solicitudes | 21/12/2021 |
Data fin solicitudes | 01/02/2022 |
Enderezo formulario para solicitude online | http://seix.uvigo.es |
Descripción | Estas bolsas teñen por obxecto financiar os prezos públicos derivados da matrícula, do alumnado que inicia estudos de máster oficial e que se ve afectado polos cambios de requisitos académicos introducidos polo RD 1000/2012, do 29 de xuño (BOE do 5 de xullo) A contía da bolsa será equivalente ao importe dos prezos públicos por servizos académicos no curso académico 2021/2022. So se percibirá o importe correspondente a unha titulación no caso de simultaneidade de estudos. |
Requisitos | Requisitos xerais Posuír a nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea, ou de terceiros países cando se acredite a condición de residente en España a 31 de decembro de 2020. Excepcionalmente, no caso das persoas solicitantes de estatuto de refixiado ou protección subsidiaria, o permiso de residencia legal poderá obterse ata o 30 de xuño de 2021. Non estar incluído nos casos de exención total de prezos públicos previstos no Decreto 103/2021, do 1 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2021/22. Requisitos académicos a) Estar matriculado/a por primeira vez nun máster no curso académico 2021/2022 de 60 créditos ou curso completo nalgunha das titulacións de Máster oficial de centros propios da Universidade de Vigo que non habilitan para profesión regulada. b) Obter nos estudos previos que lles dan acceso ao máster unha nota media inferior a 7. c) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda. Requisitos económicos a) A renda da unidade familiar non pode superar o seguinte limiar:
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable. b) O patrimonio familiar non pode superar os seguinte limiares:
Será de aplicación a efectos do cálculo da renda e do patrimonio, e da composición da unidade familiar o disposto na normativa de bolsas MEFP de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2021/2022. |
Documentacion |
|
Observacións | Instruccións para presentar a solicitude: A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da universidade: http://seix.uvigo.es na páxina de inicio prema en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda seleccione "bolsas propias de estudos / INICIO MÁSTER". |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Teléfono: | 986 81 36 11 |
Correo electrónico: | bolsas@uvigo.es |
: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |
21/02/2022 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluidas
Descrición | |
Alegacións dende o día seguinte ao desta publicación ata o 9 de marzo ás 23:59 horas (hora peninsular española) a través do formulario | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
17/03/2022 Listaxe provisoria de bolsas concedidas e denegadas
Descrición | |
Alegacións dende o día seguinte ao desta publicación ata o 1 de abril ás 23:59 horas (hora peninsular española) a través do formulario | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
05/04/2022 Listaxe definitiva de bolsas concedidas e denegadas
Documentos da fase da convocatoria: | |