Secretaría Uvigo

Bolsas destinadas a persoas con discapacidade intelectual para a formación práctica, curso 2021/2022

TipoBolsa de inclusión
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 Bolsa e curso persoas discapacidade intelectual ouren
Data inicio solicitudes24/11/2021
Data fin solicitudes17/12/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8914
Descripción

OBXECTO:

A formación de xóvenes con discapacidade intelectural para que sexan capaces de desenvolverse en diferentes contextos sociais e laborais de cara a lograr a súa progresiva integración no mercado laboral e acadar así graos de autonomía e independencia persoal:

1. Curso de  “Capacitación laboral no ámbito do emprego con apoio” dirixido a persoas con discapacidade intelectual descrito no Anexo I da convocatoria.

2. Dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade intelectual para a formación práctica que serán xestionadas de acordo coas bases reguladoras que figuran no Anexo II

CURSO DE CAPACITACIÓN LABORAL NO ÁMBITO DO EMPREGO CON APOIO:

Datas de celebración:

Bolsa A: do 1 de febreiro a 30 de abril de 2022

Bolsa B: do15 de setembro ao 15 de decembro do 2022

BOLSAS:

Convócanse 2 bolsas de formación no Campus de Ourense na especialidade de auxiliar de servizos xerais na Conserxería do Edificio Xurídico Empresarial.

DURACIÓN DAS BOLSAS:

A duración máxima do período formativao será de 3 meses iniciándose non antes do:

  • 1 de febreiro de 2022 e finalizando o 30 de abril de 2022 para a bolsa A
  • 15 de setembro de 2022 e finalizando o 15 de decembro do 2022 para a bolsa B

CONTÍA DAS BOLSAS:

A dotación económica bruta será como máximo 480 €/mes

 

Requisitos

a) Posuír unha discapacidade intelectual cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%

b) Idade comprendida entre os 18 e 30 anos

c) Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

d) Estar inscrito/a no curso "capacitación no ámbito do emprego con apoio"

e) Contar co respaldo dunha entidade ou asociación especializada no apoio a persoas con discapacidade intelectural

Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8914 descargao e presentalo debidamente asinado nos rexistros da universidade ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e rematará o 17 de decembro de 2021 ás 23:59 h (hora peninsualr española).

 

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir ao formulario:

  • Copia do NIF
  • Certificado de discapacidade
  • Certificado de ser beneficiario/a da garantía xuvenil
  • Documentos xustificativos dos méritos alegados
  • Declarción responsable da entidade coa que ten relación a persoa solicitante que acredite:
    • ter por obxecto social a mellora da calidade de vida de persoas con discapacidade
    • ter experiencia acreditada no desenvolvemento de programas de integración laboral de persoas con discapacidade
    • informe no que se faga referencia a adecuación do perfil da persoa solicitante ao progrma formativo da bolsa
    • o compromiso de prestar apoio e asesoramento ás persoas titoras

 

 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-inclusion
Atrás