Secretaría Uvigo

Bolsas "Ourense rural" para o estudantado do campus de Ourense, curso 2021/2022

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022_Ourense rural
Data inicio solicitudes05/10/2021
Data fin solicitudes21/10/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://seix.uvigo.es/
Descripción

OBXECTO:

Atender o custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais para o alumnado empadroado en concellos rurais da provincia de Ourense distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.

CONTÍA:

As axudas previstas se destinarán a cubrir os gastos derivados do desprazamento desde o termo municipal da vivenda habitual ata o concello de Ourense ata un máximo de:

  • De 5 a 10 Km ........................................200 euros
  • De mais de 10 a 30 Km .........................400 euros
  • De mais de 30 e 50 km .........................800 euros
  • De mais de 50 km ..............................1.000 euros
Requisitos

REQUISITOS XERAIS:

Estar inscrito no padrón dos concellos da provincia de Ourense, distintos do concello de Ourense, con 12 meses de antelación á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

REQUISITOS ACADÉMICOS:

a) Estar matriculado/a en titulacións oficiais de grao ou mestrado en centros propios do campus de Ourense ou da Escola de Enfermaría de Ourense no curso 2021/2022 nun mínimo de 60 créditos ou da totalidade dos que lle permita a normativa da universidade, agás no caso de alumnado con discapacidade de grao igual ou superior ao 65 por cento que poderá reducir a carga lectiva ata un máximo de 50%.

b) Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dunha titulación do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os que se solicita a axuda.

REQUISITOS ECONÓMICOS:

a) A suma de rendas de todos os membros da unidade familiar non pode superar os seguintes limiares:

  • Familias de 1 membro:  236,00 euros.
  • Familias de 2 membros: 22.594,00 euros.
  • Familias de 3 membros: 30.668,00 euros.
  • Familias de 4 membros: 36.421,00 euros.
  • Familias de 5 membros: 40.708,00 euros.
  • Familias de 6 membros: 43.945,00 euros.
  • Familias de 7 membros: 47.146,00 euros.
  • Familias de 8 membros: 50.333,00 euros.

A partir do oitavo membro engadiranse 3.181,00 euros por cada novo membro computable.

b) O patrimonio familiar non pode superar os seguintes limiares:

  • A suma de rendementos netos reducidos de capital mobiliario máis o saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais non poderá superar 1.700,00 €.
  • A suma de valores catastrais das fincas urbanas pertencentes á unidade familiar, excluída a vivenda habitual, non poderá superar 42.900,00 €. Os valores catastrais pondéranse polos coeficientes establecidos na normativa de bolsas MEFP de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2021/2022.
Documentacion

SOLICITUDE:

A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na web da universidade: http://seix.uvigo.es/ na páxina de inicio prema en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda seleccione "bolsas propias de estudos".

Solicitudes dende o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 21 de outubro de 2021 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

DOCUMENTACIÓN:

Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

  • O Anexo II (obrigatorio) deberá ser asinado por cada un dos membros da unidade familiar autorizando á universidade a consultar directamente os datos de renda e patrimonio, e presentado en formato pdf xunto coa solicitude.
  • Certificado de padrón con data de antigüidade.
  • Documentación acreditativa das distintas situacións que afecten á composición da unidade familiar:
    1. Se hai ascendentes dos pais e irmáns maiores de 25 anos con discapacidade deberá xustificar a residencia no mesmo domicilio co certificado municipal conxunto correspondente a 31 de decembro de 2020.
    2. Sentenza de divorcio ou convenio regulador, de ser o caso.
    3. Independencia económica e familiar: deberá presentar a documentación xustificativa de ter domicilio en propiedade ou en aluguer, e de dispoñer dos medios económicos suficientes para facer fronte aos seus gastos, contrato de aluguer e xustificación de ingresos, así como certificado municipal conxunto correspondente a 31 de decembro de 2020.
  • Documentación acreditativa das situacións que dan dereito a dedución no cálculo da renda:
    1. Título familia numerosa.
    2. Acreditación de orfandade absoluta.
    3. Certificado de discapacidade (do/a solicitante, irmáns e fillos/as do solicitante).
    4. Irmáns estudantes universitarios residentes fora do domicilio familiar durante o curso anterior 2020/2021 (expediente académico e contrato de aluguer).
  • Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro polos membros da unidade familiar do ano 2020.
Observacións

OBRIGAS:

A persoa beneficiaria deberá estar matriculada na titulación oficial do campus de ourense durante todo o curso académico 2021/2022 para poder manter a súa condición de bolseira.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
Teléfono: 986 81 36 11
Teléfono: 986 81 36 12
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Atrás