Secretaría Uvigo

II edición do programa INCUVI- Consolida

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_Incuvi Consolida
Data inicio solicitudes06/10/2021
Data fin solicitudes05/11/2021
Descripción

OBXECTO:

Concesión dunha axuda que contribúa á consolidación de proxectos emprendedores viables, nacidos ou desenvolvidos total o parcialmente na Universidade de Vigo e promovidos por persoas recentemente tituladas na mesma co fin de que os beneficiarios podan seguir madurando o proxecto validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado.

Nº de premios

1 axuda para proxectos emprendedores previamente beneficiarios do programa INCUVI-Avanza e desexen continuar ca maduración e desenvolvemento do proxecto emprendedor

Requisitos

PERSOAS SOLICITANTES: persoas ou equipos emprendedores que que fosen beneficiarias dun premio na V edición da convocatoria INCUVI-

As persoas solicitantes so poderán presentar o proxecto desenvolvido durante a súa participación no programa INCUVI-Avanza.

No caso de presentarse un equipo, so é necesario que a persoa que presenta a solicitude (e que actuará como promotor do proxecto emprendedor) houbera participado na convocatoria INCUVI-Avanza. De ser este o caso, haberá que presentar a renuncia formal daqueles compoñentes do equipo que non queiran seguir madurando a idea, e polo tanto se desvinculen do proxecto emprendedor

Documentacion

SOLICITUDE:

A persoa promotora ou a persoa coordinadora do equipo deberá cubrir o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8864, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en asunto “Axudas INCUVI Consolida”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

 

DOCUMENTACIÓN:

  1. BREVE CURRÍCULO de todas as persoas integrantes do equipo emprendedor (máximo 1 cara tamaño A4) no que indiquen formación, experiencia e outra información considerada de utilidade para reforzar a súa
  2. CARTA DE INTERESE/MOTIVACIÓN redactada pola persoa promotora da idea/coordinadora do equipo na que xustifiquen a súa motivación e compromiso potencial para traballar na maduración da idea emprendedora a través da súa participación no programa INCUVI-Avanza.
  3. FORMULARIO DE RENUNCIA, que terán que cubrir e firmar aqueles membros beneficiarios das axudas no INCUVI-Avanza que decidan desvincularse da idea na que traballaron ó longo do programa
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

09/11/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Prazo de alegacións dende o día seguinte ao da publicación desta resolucióna e ata o día 23 de novembro ás 23:59h (hora peninsular española).

Para tal fin deberán empregar o formulario en liña disponible na Secretaría Virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7886

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás