Secretaría Uvigo

I edición dos Premios TFG e TFM do Campus CREA, 2020/2021

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021_1ªEdición Premios Campus Crea
Data inicio solicitudes15/09/2021
Data fin solicitudes15/10/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8868
Descripción

OBXECTO:

Recoñecemento e a difusión dos traballos Fin de Grao e Mestrado realizados polo alumnado da Universidade de Vigo do Campus de Pontevedra que se distingan pola súa calidade e carácter innovador.

 

Requisitos

Ter superado o TFG ou TFM durante o curso 2020-21 na UVIGO no Campus de Pontevedra cunha cualificación igual ou superior a 9 puntos (sobre 10).

Cada traballo presentado deberá incluírse nalgún dos seguintes ámbitos de coñecemento:

a. Arte, Comunicación e Creatividade
b. Deporte, Saúde e Benestar
c. Educación, Innovación Social e Xestión Pública
d. Medio Ambiente e Natureza

Nº DE PREMIOS:

Por cada ámbito de coñecemento establécense catro premios: un primeiro premio e un accésit para os mellores TFGs e outro primeiro premio e un accésit para os mellores TFMs.

CONTÍAS:

A contía máxima de cada premio será.

a. 1º Premio TFG: 150 €, por cada ámbito de coñecemento
b. 1º Premio TFM: 300 € por cada ámbito de coñecemento
c. Accésit TFG:100 € por cada ámbito de coñecemento
d. Accésit TFM: 200 € por cada ámbito de coñecemento

Documentacion

SOLICITUDE:

A persoa solicitante deberá cubrir o formulario en liña no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8868, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Premios TFG-TFM do Campus CREA”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  1. Memoria en formato pdf de non máis de 5 páxinas, nas que se describan as características do traballo.
  2. Informe da persoa que dirixiu o traballo.
  3. Unha copia en formato pdf do TFG ou TFM.
  4. Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para a correcta avaliación de requisitos e méritos alegados.

O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás