Secretaría Uvigo

Premios “Innovación Sostible da Cátedra Telefónica-UVigo”

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 Cát. Telefónica
Data inicio solicitudes28/09/2021
Data fin solicitudes18/10/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8865
Descripción

OBXECTO:

o recoñecemento dos Traballos de fin de Mestrado (TFM) realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes nas temáticas relacionadas con obxectivos de desenvolvemento sostible.  En concreto se premiaran os traballos que presenten propostas de innovación que aborden melloras aos problemas da humanidade relacionados cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2030.  https://www.agenda2030.gob.es/objetivos/

Nº de PREMIOS: 5

CONTÍA: 500 €

 

Requisitos
  • Ter superado o Traballo fin Mestrado (TfM) durante o curso 2020/2021 na Universidade de Vigo cunha cualificación igual ou superior a 7 puntos.
  • A temática do TfM debe estar relacionada con algún dos 17 obxectivos da Axenda 2030: para a comprobación do requisito deberá presentar xunto coa solicitude un informe do traballo de acordo coa descrición do punto 5.3 desta convocatoria:
      • Informe do traballo resaltando o Obxectivo da Axenda 2030 relacionado co traballo e as metas ás que pode contribuír, a súa innovación, posibilidade e viabilidade do seu desenvolvemento e repercusión social. O informe terá unha extensión máxima de 10 páxinas en formato pdf e constará das seguintes partes:

i) Presentación (Titulo do traballo, Autor, Centro, ODS obxectivo),

ii) Resumo do Traballo Fin de Mestrado,

iii) Propostas e desenvolvemento do traballo no contexto da Axenda 2030 e de acordo cos criterios do punto 6

iv) Conclusións.

      • Copia en formato pdf do Traballo Fin de Mestrado
Documentacion

SOLICITUDE:

Cubrir o formulario en liña no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8865, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Premios Cátedra Telefónica-Uvigo”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Informe do traballo
  • Copia en formato pdf no Traballo Fin de Mestrado
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios

29/10/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas

Observacións

Establecer un prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o 8 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os posibles defectos ou completar a solicitude. O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do formulario online dispoñible na Secretaría virtual

Documentos da fase da convocatoria:

18/11/2021 Listaxe provisoria de solicitudes con premio concedido e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 25 de novembro ás 23:59h (hora peninsular española). Para tal fin deberán empregar o formulario en liña disponible na Secretaría Virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7886

Documentos da fase da convocatoria:

26/11/2021 Listaxe definitiva de solicitudes con premio concedido e listaxe de agarda

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás