II Convocatoria de bolsas de Estadías do Campus do Mar, para estudantes de Doutoramento matriculados no programa DOMAR

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código20172018-IIBMMAR
Data de inicio de solicitudes23/10/2018
Data de fin de solicitudes06/11/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=bolsasMaster
Descripcion

O obxecto da bolsa é facilitar a estadía de estudantes de doutoramento do Programa DOMAR en universidades e centros de investigación de recoñecido prestixio internacional para mellorar a súa formación, e adicionalmente, establecer novos vínculos académicos e de investigación, ou fortalecer os existentes, entre as institucións do Campus do Mar e as de destino.

Requisitos
  • Estar matriculado no Programa de Doutoramento DOMAR nalgunha das Universidades do Sistema Universitario Galego participantes no mesmo durante o curso 2017/2018. Se a estadía se realiza unha vez finalizado ese curso deberá, ademais, estar matriculado no curso 2018/2019.
  • Que a actividade para a que se solicita axuda, de acordo coa planificación do seu proxecto de tese, implique o desprazamento a outras universidades ou centros de investigación. As estadías deberán desenvolverse desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2018, e terán unha duración que variará entre un mínimo dun mes e un máximo de tres meses. No caso de que a duración sexa superior se entenderá que a axuda se solicita unicamente para tres meses.
  • Contar co informe favorable do seu director de tese para a realización da actividade obxecto da bolsa.

 

Documentacion

a) no caso dos estudantes das Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña documento acreditativo da matrícula do curso 2017/2018 no que conste o pago da mesma.

b) Plan de traballo, que deberá contar co informe favorable do/a director/a da tese, segundo o modelo do Anexo IV que conterá:

Unha descrición da estadía para a que se solicita esta bolsa: desprazamento a realizar, institución de destino, duración, proposta das actividades a realizar en destino.

Unha descrición da calidade do centro e/ou grupo receptor, e os beneficios que reportará ao proxecto de tese.

b) Documento que acredite a admisión no centro para o que se solicita a estadía, así como a invitación do grupo de investigación receptor.

c) Curriculum vitae do/a solicitante que inclúa as actividades formativas realizadas durante o período de realización da tese. Rematado o prazo de presentación de solicitudes non se admitirá documentación relativa aos méritos. Se o mérito presentado aínda non foi valorado pola Comisión Académica de DOMAR, deberá entregarse o xustificante do mesmo.

d) No caso de ter solicitado en calquera institución pública ou privada, bolsa para a mesma estadía ou asistencia deberá presentar copia da solicitude, así como da resolución de concesión ou denegación unha vez resolta.

Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade

30/08/2018 Listaxe provisoria de admitidos

Descrición

Listaxe provisoria do alumnado admitido

Observacións

Non habendo solicitudes excluídas a documentación será trasladada á comisión de Selección para o estudo das mesmas

Documentos dunha fase de convocatoria:

19/09/2018 Corrección de erros da listaxe provisoria de admitidos e excluídos

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 26 de setembro

Documentos dunha fase de convocatoria:

02/10/2018 Listaxe provisoria de bolsa concedida e denegada

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 9 de outubro

Documentos dunha fase de convocatoria:

15/10/2018 Listaxe definitiva de bolsa concedida

Documentos dunha fase de convocatoria:

22/10/2018 Novo prazo de presentación de solicitudes

Descrición

De conformidade co establecido no punto 5 do anexo I da Resolución Reitoral do 25 de xuño de 2018, no que se regulan as bases da convocatoria de bolsas para realizar estadías de investigación para estudantes de doutoramento do programa do mar, no caso de non outorgarse todas as bolsas poderase inciar un novo prazo de solicitudes mediante Resolución reitoral ata a cobertura completa das bolsas convocadas, sendo este ata o 6 de novembro

Observacións

Enlace ao formulario para facer a solicitude:

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=bolsasMaster&accion=listaConvocatoriasActivas

Documentos dunha fase de convocatoria:

20/11/2018 Listaxe provisoria de admitidos e excluídos

Observacións

Alegacións ata o 27 de novembro

Documentos dunha fase de convocatoria:

12/12/2018 Listaxe provisoria de bolsas concedidas e denegadas

Observacións

Alegacións ata o 19 de decembro

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás