Secretaría Uvigo

Bolsas para o estudantado beneficiario ou solicitante de protección internacional, 2021/2022

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 Bolsa Persoas Refuxiadas
Data inicio solicitudes26/07/2021
Data fin solicitudes15/09/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8844
Descripción

OBXECTO:

Facilitar ás persoas refuxiadas a realización de estudos  universitarios , preferentemente oficiais, que permitan a súa integración no noso país.

CONTÍA

A contía individual máxima da bolsa será de 3.000 €  por persoa:

  • Os prezos públicos por servizos académicos e administrativos correspondentes á matrícula e o importe do seguro escolar de ser o caso.
  • Unha contía económica máxima de 2.000 € en concepto de axuda de manutención e residencia. A contía máxima percibirase pola matrícula en 60 ECTS ou de ser o caso 600 horas, diminuíndo proporcionalmente en función dos créditos nos que se realice a matrícula.
  • Un curso de galego dos impartidos pola Área de Normalización Lingüística  ou castelán no Centro de linguas da UVIGO a realizar durante o curso académico 2021/2022
Requisitos

Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Ter a condición de beneficiario/a de protección internacional ou de solicitante na data de fin de presentación de solicitudes.
  2. Manifestar o interese de realizar a preinscrición ou estar preinscrito/a nunha titulación oficial de Grao e Máster de centros propios, ou nunha titulación propia de especialista da Universidade de Vigo.
Documentacion

SOLICITUDE:

Deberán cubrir o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8844 e presentalo presencialmente nos rexistros da universidade de Vigo, na sede electrónica,  ou por calquera dos medios establecidos na lei 39/2015.

DOCUMENTACIÓN:

  • Documento acreditativo da condición de beneficiario/a de protección internacional ou solicitante vixente no momento da solicitude (tarxeta branca ou tarxeta vermella).
  • Curriculum vitae con acreditación dos méritos alegados.
  • Documentación acreditativa das circunstancias alegadas.
  • Carta de aval de ONGs u organización internacional de axuda a refuxiados/as e calquera outro documento que a persoa solicitante considere relevante.
Observacións

Terán prioridade as solicitudes para cursar titulacións oficiais sobre as de titulacións propias. En caso de empate, priorizaranse  aquelas candidaturas con estatus legal de refuxiado/a sobre os demandantes de asilo e entre estas as de estudos oficiais fronte a titulacións propias.

OBRIGAS:

  • Matricularse no curso 2021/2022 antes do 15 de outubro de 2021 nalgunha titulación oficial de grao ou mestrado, ou propia da Universidade de Vigo .
  • No caso dos solicitantes de asilo deberán comunicar a admisión ou inadmisión a trámite da solicitude en canto a reciban.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Teléfono: 986 81 40 94

22/09/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 6 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou completar a solicitude. Para tal fin poderán presentar o formulario de alegacións existente na secretaría virtual ou calquera dos medios establecidos na lei 39/2015, dirixido ao Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos.

Documentos da fase da convocatoria:

08/10/2021 Listaxe provisoria de solicitudes con bolsa concedida, denegada e listaxe de agarda

Observacións

O prazo de alegación é a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 25 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Para tal fin deberán empregar o formulario en liña disponible na Secretaría Virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7886

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás