Secretaría Uvigo

Premios GIRLGEEKCOVID da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-Uvigo, 2021/2022

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 GIRL
Data inicio solicitudes22/07/2021
Data fin solicitudes30/09/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23243368
Descripción

OBXECTO:

Incentivar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre as mulleres.

PREMIOS:

  • 1 premio e 1 accésit para as titulacións da rama de Ciencias
  • 1 premio e 1 accésit para as titulacións da rama de Enxeñaría

CONTÍA:

. A contía máxima do premio é:

  • Premio GIRLGEEKCOVID Ciencias: 2.000,00 euros.
  • Accésit GIRLGEEKCOVID Ciencias: 1.000,00 euros
  • Premio GIRLGEEKCOVID Enxeñaría: 2.000,00 euros.
  • Accésit GIRLGEEKCOVID Enxeñaría: 1.000,00 euros
Requisitos

a) estar matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2021/2022 en 60 créditos en titulacións de grao ou mestrado oficial das ramas de Enxeñaría ou Ciencias dos Campus de Pontevedra e Vigo

b) para o alumnado de grao ter superados ata o curso 2020/2021 60 créditos da titulación na que se atopa matriculada

c) ter unha nota media do expediente ata o curso 2020/2021 igual ou superior a:

    • 7 nas titulacións da rama de Enxeñaría
    • 8 nas titulacións da rama de Ciencias
    • 8 nas titulacións da rama de Ciencias da Saúde
Documentacion

SOLICITUDE:

As solicitudes deberán empregar o procedemento SBOL- Premios Girlgeekcovid da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-Uvigo existente na sede electrónica para este procedemento: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23243368

DOCUMENTACIÓN:

Xunto coa solicitude deberán subir a seguinte documentación

  • Carta de motivación: as candidatas deberán presentar unha carta de motivación onde amosen, por unha banda, as razóns que as levaron a optar por realizar estudos universitarios no ámbito das STEM e, por outra, onde reflexionen sobre a súa experiencia persoal  como mulleres nun ámbito tradicionalmente masculinizado.

PRAZO:

Comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 30 de setembro de 2021 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

Observacións

OBRIGAS:

As persoas beneficiarias deberán encher o formulario en liña  de declaración responsable existente na secretaría virtual da Universidade de Vigo, no prazo de cinco días desde a publicación da resolución definitiva. 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás