Axudas para redactar e defender en galego Teses, e Premios á Calidade Lingüística no TFG e TFM, 2020/2021
Tipo | Premios |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2020_2021 Red. Textos Galego |
Data inicio solicitudes | 22/07/2021 |
Data fin solicitudes | 17/09/2021 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23233490 |
Descripción | OBXECTO: Incentivar o uso do galego nas teses de doutoramento, nos traballos de fin de grao (TFG) e nos traballos de fin de mestrado oficial (TFM) realizados polo alumnado da Universidade de Vigo, así como premiarmos o esforzo e o rigor de lle dar un tratamento coidado ao idioma e incrementar o patrimonio dos textos redactados. AXUDAS E PREMIOS: Convócanse: A) Axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento presentadas no curso 2020/2021 polo alumnado da Universidade de Vigo. B) Premios como recoñecemento á calidade lingüística distribuídos entre os traballos de fin de grao e de mestrado oficial presentados no curso 2020/2021, garantindo, en todo caso, dous premios por rama de coñecemento en grao e un premio por rama en mestrado oficial, sempre que se dean as condicións recollidas no punto 6 desta convocatoria: Seguindo as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003), se seleccionará os traballos de acordo cos seguintes criterios e non se avaliarán os textos que obteñan unha nota inferior a 3 (sobre 4) no apartado de coñecemento da gramática:
Terán prioridade os premios adxudicados ás teses de doutoramento. No caso de non outorgarse os premios de TFG e de TFM previstos por rama, adxudicaránselles ás persoas solicitantes doutras ramas segundo a puntuación obtida, ata esgotar o crédito orzamentario. CONTÍA:
|
Requisitos |
|
Documentacion | SOLICITUDE: As solicitudes deberán empregar o procedemento SBOL- Axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento, e premios de calidade lingüística nos traballos de fin de grao e de mestrado existente na sede electrónica para este procedemento: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23233490
DOCUMENTACIÓN: Xunto coa solicitude deberán subir a seguinte documentación:
PRAZO: Comezará o día seguinte de publicarse esta convocatoria e rematará o 17 de setembro de 2021 ás 23:59 horas (hora peninsular española). |
Observacións | OBRIGAS: As persoas beneficiarias deberán encher o formulario en liña de declaración responsable existente na secretaría virtual da Universidade de Vigo, no prazo de cinco días desde a publicación da resolución definitiva. |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Teléfono: | 986 81 40 94 |
Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.es |
: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios |
23/09/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
Observacións | |
Aberto excepcionalmente por vinte e catro horas, desde as 0:00 deste martes 19 de outubro de 2021,o prazo de solicitudes, debido ó erro producido no seu día na sede electrónica e que imposibilitou a solicitude no último día do prazo. Para facer a solicitude deberá accederse ó procedemento dispoñible na sede SBOL- Axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento e premios á calidade lingüística nos traballos fin de grao e de mestrado. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
02/11/2021 Listaxe provisoria de solicitudes con axudas e premios concedidos e denegados
Observacións | |
O prazo de alegacións é a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 16 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os defectos que motivaron a súa denegación. O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas presentarase a través do formulario en liña dispoñible na Secretaría virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7886 | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
19/11/2021 Listaxe definitiva de solicitudes con premio concedido e denegado
Documentos da fase da convocatoria: | |