Premios ao mellor TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao desenvolvemento e RSU, 2020/2021
Tipo | Premios |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2020_2021 RSU-Axenda 2030 |
Data inicio solicitudes | 22/07/2021 |
Data fin solicitudes | 30/09/2021 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23238450 |
Descripción | OBXECTO: O recoñecemento dos traballos de fin de grao e mestrado oficial realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social, facilitando a gratuidade da matrícula nos estudos que supoñan continuación dos xa cursados. PREMIOS: Convócanse 6 premios distribuídos por rama da titulación cursada:
CONTÍA: A contía máxima de cada premio será a escoller pola persoa beneficiaria entre un premio en metálico de 500 € ou os prezos da matrícula de mestrado oficial na Universidade de Vigo que en todo caso deberá estar realizada o 15 de outubro de 2021. Tamén se lles outorgará un diploma. |
Requisitos | A) Ter superado o traballo fin de grao ou mestrado oficial durante o curso 2020/2021 na UVIGO cunha cualificación igual ou superior a 8,5 puntos B) A temática do TFG/TFM debe estar relacionada con:
C) Así mesmo e debido as circunstancias excepcionais motivadas pola COVID-19, admitiranse nesta convocatoria as solicitudes de alumnado que superou o TFG/TFM nas convocatorias extraordinarias de setembro e decembro de 2020 e que non puido participar na convocatoria do 2019/2020, sempre e cando cumpra os restantes requisitos. |
Documentacion | SOLICITUDE: As solicitudes deberán empregar o procedemento SBOL- Premios ao mellor TFG/TFM en temáticas relacionadas coa Axenda 2030 existente na sede electrónica para este procedemento: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23238450 DOCUMENTACIÓN: Deberán subir a seguinte documentación:
PRAZO: Comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria e rematará o 30 de setembro de 2021, ás 23:59 horas (hora peninsular española). |
Observacións | OBRIGAS: As persoas beneficiarias deberá beneficiarias deberán encher o formulario en liña de declaración responsable existente na secretaría virtual da Universidade de Vigo, no prazo de cinco días desde a publicación da resolución definitiva. |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.es |
Teléfono: | 986 81 40 94 |
: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios |
13/10/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
Observacións | |
Prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 27 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os erros e a falta de documentación. Para tal fin deberán empregar o formulario en liña disponible na Secretaría Virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7886 | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
29/10/2021 Listaxe provisoria de persoas con premio concedido, denegado e listaxe de agarda
Observacións | |
Prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 15 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os erros e a falta de documentación. Para tal fin deberán empregar o formulario en liña disponible na Secretaría Virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7886 | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
17/11/2021 Resolución definitiva de concesión
Observacións | |
As persoas beneficiarias deberán encher o formulario en liña de declaración responsable existente na secretaría virtual da Universidade de Vigo, no prazo de cinco días desde a publicación da resolución definitiva. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |