Secretaría Uvigo

Premios EGERIA á inclusión da perspectiva de xénero nos Traballos de Fin de Grao e de Máster, 2020/2021

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 Egeria
Data inicio solicitudes21/07/2021
Data fin solicitudes30/09/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23242881
Descripción

OBXECTO:

Recoñecer, publicitar e premiar os mellores Traballos de Fin de grao (TFG) e de mestrado oficial (TFM) que inclúan a perspectiva de xénero realizados polo alumnado da Universidade de Vigo.

PREMIOS:

  • 1 premio de TFG por cada un dos seguintes grupos:
    • Rama Xurídico – Social
    • Rama Ciencias – Rama Ciencias da Saúde – Rama Enxeñaría e Arquitectura
    • Rama Artes e Humanidades
  • 1 premio de TFM por cada un dos seguintes grupos:
    • Rama Xurídico - Social
    • Rama Ciencias – Rama Ciencias da Saúde – Rama Enxeñaría e Arquitectura
    • Rama Artes e Humanidades

CONTÍA:

A contía máxima de cada premio será:

  • TFG de 500 €
  • TFM de 600 €
Requisitos

Ter presentado o traballo fin de grao ou fin de mestrado oficial na Universidade de Vigo no curso 2020/2021 e obter unha cualificación mínima de 8.

Documentacion

SOLICITUDES:

Deben empregar o procedemento SBOL- Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos Traballos de Fin de Grao e de Mestrado existente na sede electrónica para este procedemento: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23242881

DOCUMENTACIÓN:

Xunto coa solicitude deberán subir a seguinte documentación:

  1. O TFG/TFM en formato pdf.
  2. Resumo, en formato pdf , de como máximo 500 palabras. Non poderá conter elementos identificativos sobre a súa autoría ou titoría pero si indicar a que grao ou máster oficial corresponde.

O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión

PRAZO:

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e remata o 30 de setembro de 2021 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás