Secretaría Uvigo

2021 Premio Excelencia Académica Grao Xunta de Galicia

TipoPremios
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2021_PEG XUNTA
Data inicio solicitudes08/06/2021
Data fin solicitudes08/06/2021
Descripción

Premios de excelencia académica para alumnado universitario de grao oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019/2020 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Concederase un premio por cada un dos cursos nos que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao e en cada un dos centros nos que se imparta ao alumnado que finalizase no curso académico 2019/20, os estudos correspondentes a un dos cursos, agás o derradeiro da titulación.
Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso anual dos ditos programas.

Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo.

Requisitos
  • Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial.
  • Ter no curso académico 2019/2020 a nota media igual ou superior a 8 puntos.
  • Ter superado no curso académico 2019/2020 con aproveitamento excelente a totalidade dos créditos matriculados que, como mínimo serán 60, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
  • Estar matriculado da mesma titulación no curso 2020/2021.
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
web: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34179

05/07/2021 Listaxe provisoria do alumnado seleccionado

Descrición

Prazo de presentación de reclamacións ata o 12 de xullo a través do formulario.

Documentos da fase da convocatoria:

16/07/2021 Listaxe definitiva do alumnado seleccionado

Observacións

As persoas propostas deberán presentar obrigatoriamente a súa aceptación expresa por medios electrónicos a través do formulario PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 

No prazo de 10 días desde esta publicación  deberá presentar o Anexo II desta orde, advertíndolles que, de non presentala nese prazo, entenderase que renuncian ao premio.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás