Secretaría Uvigo

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE DOUTORAMENTO 2020-2021

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPED-2021
Data inicio solicitudes13/09/2021
Data fin solicitudes24/09/2021
Descripción

En cumprimento do establecido no artigo 45 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo, esta Reitoría resolve publicar a convocatoria de Premios extraordinarios de doutoramento para as teses lidas nesta Universidade no curso académico 2020-2021 que alcanzaran a cualificación “Sobresainte cum laude”, abranguendo o período entre o 1 de setembro de 2020 ata o 31 de xullo de 2021. Non obstante, non poderán participar nesta convocatoria as persoas que optaran por presentarse aos premios da convocatoria 2019/20 en virtude da situación excepcional prevista naquela convocatoria como consecuencia do adiamento de algunhas teses por mor do estado de alarma vixente durante 2020.

Requisitos

Alumnos que defenderon as súas teses de doutoramento  nesta Universidade no curso académico 2020-2021 e que acadaron  a cualificación “Sobresainte cum laude”, abranguendo o período entre o 1 de setembro de 2020 ata o 31 de xullo de 2021. Non obstante, non poderán participar nesta convocatoria as persoas que optaran por presentarse aos premios da convocatoria 2019/20 en virtude da situación excepcional prevista naquela convocatoria como consecuencia do adiamento de algunhas teses por mor do estado de alarma vixente durante 2020.

Convocatoria

Descrición

Esta Reitoría resolve publicar  a convocatoria de Premios extraordinarios de doutoramento para as teses lidas nesta Universidade no curso académico 2020-2021 que acadaran a cualificación “Sobresaínte Cum Laude”,  abranguendo o período entre o 1 de setembro de 2020 ata o 31 de xullo de 2021. Non obstante, non poderán participar nesta convocatoria as persoas que optaran por presentarse aos premios da convocatoria 2019/20 en virtude da situación excepcional prevista naquela convocatoria como consecuencia do adiamento de algunhas teses por mor do estado de alarma vixente durante 2020.

Documentos da fase da convocatoria:

RR da listaxe provisional de posibles persoas candidatas aos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2020-21 con campo cneai

Descrición

Publicación da listaxe provisional de posibles persoas candidatas aos premios Extraordinarios de Doutoramento 2020-21, con indicación do campo CNEAI asignado e da posesión ou non da Mención
Internacional, de Cotutela ou doutoramento industrial.

Ábrese un prazo ata o 3 de setembro de 2021 para que as persoas relacionadas poidan presentar alegacións ao contido da listaxe provisional a través do procedemento SXER-Alegacións da sede electrónica.

Documentos da fase da convocatoria:

RR nº Premios, coa distribución por ámbitos e listaxe definitiva de posibles persoas candidatas con indicación do campo cneai

Descrición

Resolución Reitoral de 10 de setembro de 2021 pola que se publica o número de premios coa súa distribución por ámbitos e a listaxe definitiva de posibles persoas candidatas aos Premios Extraordinarios De Doutoramento 2020-2021 con indicación do campo cneai asignado

Documentos da fase da convocatoria:

RR Listaxe provisional de solicitudes admitidas a trámite

Descrición

Publicación no taboleiro electrónico da Uvigo a listaxe provisional de solicitudes admitidas a trámite para os Premios Extraordinarios de Doutoramento para as teses lidas no curso académico 2020-21.

Pódese consultar na seguinte ligazón:

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=24905188

Observacións

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=24905188

Documentos da fase da convocatoria:

RR relación provisional tribunais encargados concesión Premios Extraordinarios Doutoramento

Documentos da fase da convocatoria:

RR relación definitiva tribunais encargados concesión Premios Extraordinarios Doutoramento

Documentos da fase da convocatoria:

RR Listaxe definitiva de solicitudes admitidas a trámite

Descrición

Con data do 25 de outubro de 2021 publícase no taboleiro electrónico da Uvigo a Resolución Reitoral coa listaxe definitiva de solicitudes admitidas para optar ao Premio Extraordinario de Doutoramento 2020-2021.

Documentos da fase da convocatoria:

Actuación dos tribunais dos Premios Extraordinarios de Doutoramento

Descrición

Segundo indica a Convocatoria no Anexo I, que recolle os criterios de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento, no punto 10 establécese o procedemento de actuación dos tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión.

Para dar cumprimento á mesma, procedemos a publicar as actas de constitución dos tribunais de cada ámbito xunto co informe provisional de avaliación, tras o cal, abrirase un prazo de 10 días hábiles para que os solicitantes poidan formular alegacións, se as houbese. Este prazo de alegacións  abranguerá dende o 19 de novembro ata o 2 de decembro de 2021. 

 

Documentos da fase da convocatoria:

Proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento

Descrición

Rematado o prazo de alegacións aos informes provisionais de avaliación elaborados polos tribunais dos diferentes ámbitos, e unha vez resoltas as presentadas, procedemos a publicar a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2020-2021.

Esta propota de concesión será posteriormente remitida á Secretaría Xeral para sometela á aprobación do Consello de Goberno.  

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás