Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Sistemas Informáticos, 2021/2022

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 Sistemas Informáticos
Data inicio solicitudes22/06/2021
Data fin solicitudes26/07/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23259860
Descripción

OBXECTO:

Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO:

A duración máxima do período formativo será de 10 meses non se iniciará antes do 1 de outubro de 2021 e finalizará o 31 de xullo de 2022.

O número de horas de colaboración será de 20 horas semanais para as bolsas-20, de 15 horas semanais para as bolsas-15 e de 10 horas semanais para as bolsas-10

CONTÍA:

A contía bruta será como máximo de:

  • 480 €/mes para a bolsa 20 horas/semanais
  • 360 €/mes para a bolsa 15 horas/semanais
  • 240 €/mes para a bolsa 10 horas/semanais

 

Requisitos
  • Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente permanente en España a 31 de decembro de 2020 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado en centros propios no curso 2021/2022 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de grao ou mestrado que se sinalan no anexo II, no campus no que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula a día 21 de setembro de 2021.
  • No caso de matrícula en titulacións de grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de grao. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para a presentación das actas de xullo que segundo o calendario académico é o 26 xullo.
  • Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para a presentación das actas de xullo segundo o calendario académico é o 26 xullo.
  • Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.
Documentacion

SOLICITUDE:

As solicitudes deberán empregar o procedemento SBOL- Bolsas formación sistemas informáticos existente na sede electrónica para este procedemento: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23259860

No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

IMPORTANTE: Así mesmo deberán subir o xustificante de presentación na sede á plataforma do Santander no enlace https://www.becas-santander.com/es/index.html

Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). 

PRAZO:

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e remata o 26 de xullo de 2021 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a certificación académica dos estudos realizados, no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo.

A non presentación da documentación necesaria para a comprobación dos requisitos será causa de exclusión.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria

02/09/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 9 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os erros e a falta de documentación. Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na secretaría virtual.

Documentos da fase da convocatoria:

23/09/2021 Listaxe provisoria de solicitudes concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

Formulario de alegacións dispoñible no seguinte enlace:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7886

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás