Prazas e axudas de aloxamento nas Residencias Universitarias, 2018/2019

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-BR
Data de inicio de solicitudes08/06/2018
Data de fin de solicitudes06/07/2018
Descripcion

PRAZAS: 

Residencia O Castro - Vigo: 218 prazas

Residencia As Burgas - Ourense: 191 prazas

Residencia ALCAI - Allariz: 4 prazas

Residencia AFUNDACIÓN - Pontevedra: 62 prazas

BOLSAS:

  • 59 axudas de 100 €/mes 
  • 59 axudas de 60 €/mes
Requisitos

Poderá solicitar prazas de aloxamento o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Ter o enderezo familiar fóra do termo municipal no que estea situada a residencia onde se solicita a praza de aloxamento. O alumnado do Campus de Ourense que teña o seu enderezo familiar neste termo municipal non poderá solicitar praza de aloxamento na residencia “ALCAI”
  2. Estar matriculado ou pendente de matrícula no curso 2018/2019 nalgunha das titulacións de Grao, Máster ou Programas de Doutoramento, nun dos centros do campus no que opten á praza.

Poderá solicitar bolsa o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculado en estudos de Grao, Máster e Programas de Doutoramento no curso académico 2018/2019 e manter a condición durante todo o curso.
  2. Ter adxudicada unha praza de residencia das convocadas nesta mesma convocatoria.
  3. Ter unha renda anual por membro da unidade familiar igual ou inferior a:
  • 7.575 € para as 59 axudas de 100€/mes
  • 10.111 € para as 59 axudas de 60€/mes
Documentacion
  • Documentación acreditativa das distintas situacións que afecten á composición da unidade familiar (sentenza de divorcio...)
  • Certificado de convivencia da unidade familiar
  • Documentación acreditativa das situacións que dan dereito a dedución no cálculo da renda (familia numerosa, orfandade, certificado de discapacidade, irmáns estudantes universitarios residentes fora do domicilio familiar durante o curso anterior ...)
  • Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro polos membros da unidade familiar.
  • Nos casos no que a persoa solicitante alegue a súa emancipación ou independencia familiar e económica, calquera que sexa o seu estado civil, deberá probar que conta con medios económicos propios suficientes que permitan a dita independencia.
  • Os estudantes procedentes doutras Universidades distinta á de Vigo, copia da certificación académica persoal, ou do documento acreditativo do acceso no caso de inicio de estudos.

A falta de documentación é causa de exclusión para optar a bolsa. Sen embargo para optar a praza non é esixible a documentación; neste caso a persoa solicitante concorrerá ao proceso de selección con 0 puntos.

Observaciones

Solicitude alumnado novo:

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=solicitudeResidencia

Solicitude alumnado de continuación: (secretaría virtual no apartado Bolsas/Prazas e axudas de aloxamento)

http://seix.uvigo.es

Ademais para a RESIDENCIA AFUNDACIÓN deberá cubrir o formulario da residencia: https://residencia.afundacion.org

Ademais para a RESIDENCIA O CASTRO OU AS BURGAS deberá cubrir o formulario da residencia: https://www.resa.es/es/

Ao rematar de cubrir a solicitude debe imprimila, asinala e entregala por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 36 11
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas

20/07/2018 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas nas prazas das residencias

Observacións

Prazo de alegacións ata o 30 de xullo

Documentos dunha fase de convocatoria:

14/08/2018 Listaxe provisoria de prazas concedidas e denegadas das residencias

Descrición

Prazo de alegacións as prazas ata o día 23 de agosto

Documentos dunha fase de convocatoria:

14/08/2018 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas nas bolsas aloxamento (pendentes de matricula)

Observacións

Prazo de alegacións as bolsas ata o 23 de agosto.

Documentos dunha fase de convocatoria:

31/08/2018 Listaxe definitiva de prazas concedidas e denegadas

Documentos dunha fase de convocatoria:

31/08/2018 Listaxe provisoria de bolsas concedidas e denegadas

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 7 de setembro

Documentos dunha fase de convocatoria:

19/09/2018 Listaxe definitiva de bolsas concedidas e denegadas

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás