Secretaría Uvigo

Axudas propias para a mobilidade de Persoal Investigador da UVigo

TipoMobilidade
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoMOBVIGO_21
Data inicio solicitudes04/05/2021
Data fin solicitudes03/06/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/
Descripción

A convocatoria de axudas propias á mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo ten por obxecto financiar parcialmente os desprazamentos para presentar resultados de investigación e as estadías en centros de investigación do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora.

Modalidade A: Bolsas para viaxes. 

Modalidade B: Bolsas para estadías en centros de investigación. 

Requisitos

Grupo 1:
-Alumnado de doutoramento. Quen sexa beneficiaria ou beneficiario dunha axuda de apoio á etapa predoutoral non poderá solicitar axuda para a mesma estadía para a quen ten concedido financiamento autonómico ou estatal.


Grupo 2:
-Persoal investigador posdoutoral contratado no marco do programa competitivo Juan de la Cierva Formación.
-Persoal investigador beneficiario de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral da Xunta de Galicia, modalidade A, da convocatoria 2018 no seu terceiro ano de contrato, exclusivamente. Neste caso deberán contar coa autorización expresa do organismo financiador, a Xunta de Galicia.
-Persoal investigador contratado no marco do programa competitivo para a formación de doutoras e doutores (FPI) que se atopen no período de orientación posdoutoral (POP).

Documentacion

Modalidade A: Bolsas para viaxes.

1.Documento acreditativo da organización do congreso científico.
2. Documento acreditativo da composición do/s comités científico ou organizador.
3. Copia da comunicación ou resumo dela enviada ao congreso ou memoria explicativa do proxecto creativo.

Ademais, a seguinte documentación segundo grupo de solicitantes:

Grupo 1.
1. Informe da dirección da tese de doutoramento xustificando o interese do desprazamento.
2. Documentos acreditativos daqueles 2 méritos obtidos no período 2018-2021 que sometan a avaliación presentados de acordo co Anexo II da convocatoria.

Grupo 2.

1. Documentos acreditativos daqueles 2 méritos obtidos no período 2018-2021 que sometan a avaliación presentados de acordo co Anexo II da convocatoria.

Modalidade B: Bolsas para estadías en centros de investigación.

1. Breve resumo (150 palabras), do traballo de investigación que se vai realizar, xustificando o seu interese.
2. Documento que acredite a admisión no centro e período para o que se solicita a estadía.

Ademais, a seguinte documentación segundo grupo de solicitantes:

Grupo 1. 
1. Informe da dirección da tese de doutoramento incluíndo un breve resumo do traballo realizado ata o momento polo doutorando ou doutoranda e a conveniencia do desprazamento ao centro de investigación.
2. Documentos acreditativos daqueles 2 méritos obtidos no período 2018-2021 que sometan a avaliación presentados de acordo co Anexo II da convocatoria.

Grupo 2.

1. Documentos acreditativos daqueles 2 méritos obtidos no período 2018-2021 que sometan a avaliación presentados de acordo co Anexo II da convocatoria.

 

 

Observacións

O prazo de presentación das solicitudes comezará o 4 de maio e permanecerá aberto ata o día 3 de xuño de 2021.


As solicitudes das persoas interesadas, acompañadas pola documentación prevista para cada modalidade de axuda, deberán tramitarse a través do módulo de convocatorias do Sistema Unificado de Xestión de Investigacion (SUXI) no que se debe estar rexistrada.

O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: 

https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/

A convocatoria de mobilidade activarase o día 3 de maio.

Será necesario presentar o resgardo resultante a través da Sede Electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER Instancia xenérica,  sen prexuízo de que tamén poida presentarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. Este paso é imprescindible para considerar presentada unha solicitude. 

 

Ligazóns da convocatoria
Publicación no taboleiro de anuncios: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=22815499
Publicación admisión provisional taboleiro de anucios: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=23156076

Fase de solicitude

Documentos da fase da convocatoria:

Fase de admisión

Documentos da fase da convocatoria:

Fase de concesión

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás