Secretaría Uvigo

2021 Premios Fin de Carreira de Galicia

TipoPremios
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2021_PFCG XUNTA
Data inicio solicitudes24/04/2021
Data fin solicitudes24/05/2021
Descripción

Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios conducentes á unha titulación oficial de grao no curso académico 2019/20, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Requisitos
  • Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao
    premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
  • Teren rematada a titulación oficial de grao no curso académico 2019/20.
  • No programa de simultaneidade de graos, ter rematado os dous graos no curso académico
    2019/20.
  • Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a
    8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias
    Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para o alumnado da
    rama de Enxeñaría e Arquitectura.
  • Non poderán obter un premio fin de carreira aquelas persoas que xa obtiveron un en
    anteriores convocatorias.

 

Documentacion

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, Trámite

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED415A
Correo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es
Atrás