Secretaría Uvigo

Axudas para a difusión dos resultados de investigación do estudantado de doutoramento en protección do patrimonio cultural, 2020/2021

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 Dif. Patrimonio Cultural
Data inicio solicitudes04/05/2021
Data fin solicitudes14/06/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7831
Descripción

OBXECTO:

Axudar á difusión dos resultados das investigacións realizadas durante o período de formación do alumnado de doutoramento a través de publicacións científicas de impacto, congreso internacional ou canle equivalente. Distínguense os seguintes conceptos de axuda:

  • Publicación dun artigo científico seleccionado nunha revista científica indexada Open Access.
  • Tradución ó idioma inglés dun artigo científico para o seu envío a unha revista científica indexada.
  • Tradución ó idioma inglés dun traballo científico presentado como comunicación oral nun congreso internacional con comité científico internacional.
  • Tradución ó idioma inglés dun traballo orientado á exposición museística.
  • Participación como editor dunha revista científica indexada.

CONTÍA:

A contía máxima da axuda será o custo derivado da tradución e/ou publicación do artigo ou edición da revista no seu caso ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Requisitos
  1. Estar matriculado/a no Programa de Doutoramento Interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural no curso académico 2020/21 na Universidade de Vigo.
  2. Ter superadas as seguintes actividades formativas:
      • Iniciación á investigación
      • Xestión de bases e información científica
      • Comunicación e difusión de traballos de investigación
      • Defensa do plan de investigación (todas as correspondentes ás anualidades anteriores ao ano en curso), agás o alumnado que inicia os estudos.
  3. Estar en disposición de enviar un artigo ou traballo científico a un dos medios de difusión descritos no punto 1, cumprindo os prazos establecidos na presente convocatoria, ou exercer activamente como editor dunha revista científica indexada no momento de publicación da presente convocatoria.
Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario en liña, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en Asunto “Bolsas difusión investigación patrimonio cultural”achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Compromiso asinado polas persoas directoras da tese conforme o/a alumno/a está en disposición de enviar ao medio de difusión solicitado un artigo ou traballo científico cos resultados das súas investigacións cumprindo os prazos establecidos na presente convocatoria, ou conforme o/a alumno/a exerce como editor dunha revista científica indexada.
  • currículo correspondente ás actividades realizadas nos cursos 2018/19 e 2019/20.
  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma finalidade que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.
Observacións

OBRIGAS:

  • Destinar a axuda á finalidade para a que foi concedida.
  • Enviar á Sección de Bolsas e Axudas no prazo máximo de 45 días desde a aceptación da publicación (DOI ou equivalente) a evidencia que avale a publicación definitiva do artigo científico, a presentación da comunicación oral en congreso, ou equivalente.
  • No caso de obter unha subvención para a mesma finalidade con posterioridade á solicitude da axuda, as persoas beneficiarias deberán comunicalo por escrito á Sección de Bolsas e Axudas.

 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/tipo/bolsa-estudo

24/06/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas

Observacións

Non existindo solicitudes excluídas as solicitudes presentadas son enviadas a Comisión de selección para a súa avaliación

Documentos da fase da convocatoria:

23/07/2021 Listaxe provisoria de axudas concedidas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte á publicación desta resolución e ata o día 23 de agosto ás 23:59 horas (hora peninsular española).

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do modelo dispoñible no seguinte enlace:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6087

Documentos da fase da convocatoria:

01/09/2021 Resolución de concesión definitiva

Observacións

As persoas beneficiarias das axudas deberán presentar na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) dirixido á Sección de Axudas e Bolsas a aceptación do artigo proposto por parte do medio de difusión (publicación, congreso ou equivalente) no prazo máximo de 30 días naturais a contar dende a publicación da resolución definitiva de axudas concedidas. 

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás