Secretaría Uvigo

Bolsas de Mobilidade para o alumnado de Doutoramento, 2020/2021

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 Mobilidade Doutoramento
Data inicio solicitudes16/07/2021
Data fin solicitudes17/09/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8831
Descripción

OBXECTO:

Contribuír a paliar os gastos ocasionados ao alumnado da Universidade de Vigo matriculado nos programas de doutoramento, con motivo da realización de estadías que permiten o recoñecemento de mención internacional, e demais actividades incluídas na súa programación académica que impliquen desprazamento.  

CONTÍA:

 

DESTINO

Desprazamento inferior a 28 días

Estadía de 28 días en adiante

Galicia

100 €

100 €

Península Ibérica e Baleares

250 €

750 €

Canarias

450 €

950 €

Europa e hemisferio norteafricano

500 €

1.300 €

Asia e Oceanía

1.000 €

1.800 €

Resto do mundo

800 €

1.600 €

Requisitos
  1. Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2020/21 nalgún dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo.
  2. Realizar durante o curso 2020/2021 a actividade (de acordo coa súa programación académica) que implique o desprazamento a outras universidades participantes no programa de doutoramento, a outros centros de investigación, ou a asistencia a congresos e cursos. No caso de estadías de investigación deberá ter unha duración mínima de 28 días.
  3. O desprazamento terá que estar finalizado antes do 01/11/2021, e non poderá conter períodos de baixa temporal no programa de doutoramento.
  4. Contar co informe favorable das persoas directoras da tese e da comisión académica do programa de doutoramento (CAPD).
  5. Ter aprobado pola CAPD o Plan de Investigación.
  6. Para alumnado que ingresara no curso 2018/19 ou anterior, ter aprobadas pola CAPD as avaliacións anuais que pola súa situación lle sexan esixibles:
    • Con carácter xeral ter aprobada a avaliación anual do curso 2019/20.
    • Para alumnado que tivera períodos de baixa no programa de doutoramento, aplicarase unha condición equivalente considerando os seus períodos de alta no programa.
Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8831, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Bolsas EIDO mobilidade doutoramento”,  achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento.

Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda:https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal.

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Descrición da estadía para a que solicita a bolsa (Anexo II): desprazamento a realizar, lugar de destino, institución ou congreso/curso, duración do desprazamento, proposta da actividade a realizar no destino, e presuposto.

Esta proposta deberá contar co informe favorable do/a director/a da tese e da comisión académica do programa.

  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas

 

Observacións

OBRIGAS:

  • Destinar a axuda á finalidade para a que foi concedida.
  • Enviar á Sección de Bolsas no prazo de un mes desde a finalización da actividade subvencionada a documentación que acredite a asistencia ao curso/congreso ou estadía na que figuren as datas de inicio e fin.
  • No caso de obter unha subvención para a mesma finalidade con posterioridade á solicitude da bolsa, as persoas beneficiarias deberán comunicalo por escrito á Sección de Axudas e Bolsas.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade

07/10/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 22 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os erros e a falta de documentación.

Para tal fin deberán empregar o formulario en liña disponible na Secretaría Virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7886

Documentos da fase da convocatoria:

08/10/2021 Corrección de erros da listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Descrición

Producido un retraso da publicación no taboleiro electrónico da listaxe publicada o 7 de outubro de 2021 e de conformidade co establecido no punto 6 do anexo I da Resolución Reitoral do 15 de xullo de 2021 no que se regulan as bases da convocatoria de Bolsas de mobilidade para o alumnado de Doutoramento da Universidade de Vigo, é preciso modificar a data final do prazo de alegacións.

Observacións

O prazo de alegacións é de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 25 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Para tal fin, presentarán o formulario de alegacións na secretaría virtual: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7886

 

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás