Bolsas de mobilidade internacional "Ourense exterior", curso 2018/2019

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018 OURENSE EXTERIOR
Data de inicio de solicitudes01/06/2018
Data de fin de solicitudes29/06/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/2947
Descripcion

O obxecto desta convocatoria é facilitar a mobilidade de cidadáns/ás ourensáns, galegos e españois residentes no estranxeiro, aos seus descendentes e demais cidadáns estranxeiros residentes fora de España, para cursar os estudos de primeiro de mestrado no Campus de Ourense da Universidade de Vigo

Requisitos

Poderá participar na presente convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Residir nun pais estranxeiro agás algún dos cualificados regulamentariamente como paraíso fiscal.
  2. Estar en posesión dos requisitos académicos necesarios para acceder á titulación de mestrado que se pretende cursar en modalidade presencial no Campus de Ourense.

Queda excluído o alumnado estranxeiro que acceda a Universidade de Vigo a través de calquera programa de mobilidade internacional.

Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

  1. Certificación académica persoal dos estudos realizados que lle dan acceso aos estudos de mestrado.
  2. Fotocopia do pasaporte ou documento acreditativo da identidade.
  3. Acreditación da súa residencia familiar no estranxeiro e certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia.

Para as/os solicitantes que sexan descendentes de emigrantes ourensáns, galegos ou españois deberán acreditar o seu parentesco

Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Enderezo web: http://vicou.uvigo.es/es/novedades/convocatorias-generales/1327-convocatoria-de-bolsas-ourense-exterior-2018-2019

09/07/2018 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluído

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 23 de xullo

Documentos dunha fase de convocatoria:

02/08/2018 Listaxe provisoria do alumnado con axuda concedida e denegada

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 20 de agosto

Documentos dunha fase de convocatoria:

30/08/2018 Listaxe definitiva do alumnado con axuda concedida e denegada

Observacións

As persoas seleccionadas se lles remitirá un correo electrónico indicándolle a data, hora e lugar de presentación

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás