Secretaría Uvigo

Bolsas para a realización de actividades de carácter formativo para o alumnado de Grao e Máster da Universidade de Vigo, 2020/2021

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 Mob_actividades_formativas
Data inicio solicitudes05/06/2021
Data fin solicitudes02/07/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7845
Descripción

OBXECTO:

Fomentar a participación do alumnado en proxectos e eventos de carácter cultural, científico, de especialización ou perfeccionamiento que complementen a súa formación académica.

Modalidades:

    • Modalidade A: Axudas para a realización de viaxes de interese académico (quedan excluídos os desprazamentos vinculados a prácticas).

Obxectivo: ofrecer ao alumnado a posibilidade de visitar instalacións, institucións ou localizacións que lles sirvan para adquirir competencias e coñecementos relacionados co ámbito curricular da súa titulación.

    • Modalidade B: Axudas para a participación en congresos, reunións científicas, cursos (excluídos os cursos de idiomas), seminarios, debates e outras actividades de interese académico tanto na modalidade presencial coma online.

Obxectivo: fomentar a participación do alumnado en congresos e reunións científicas relacionadas coas súas titulacións.

    • Modalidade C: Axudas para a realización de proxectos de interese académico, de divulgación, de carácter científico ou cultural

Obxectivo: sufragar os gastos ocasionados pola realización por parte do alumnado de proxectos titorizados polo profesorado.

CONTÍA:

A contía individual da axuda non poderá ser superior a 500 €

Requisitos

Alumnado matriculado no curso 2020/2021

a)  Estar matriculado/a en Grao ou Máster en centros propios, ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro).

b)  Estar matriculado dun mínimo de 45 créditos ou do máximo que lle permita a normativa da Universidade de Vigo.

c)  Presentar unha proposta de actividade realizada ou a realizar entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de outubro de 2021, das descritas no punto 1 desta convocatoria. En todo caso a actividade deberá iniciarse antes do 1 de setembro do 2021.

d)  Contar co informe favorable dalgún membro do profesorado da súa titulación.

 

Alumnado matriculado no curso 2019/2020

Debido a imposibilidade de realizar a correspondente convocatoria no ano 2020 por mor da declaración do estado de alarma, admitiranse excepcionalmente nesta convocatoria as solicitudes de alumnado matriculado no curso 2019/2020.

a)  Estar matriculado/a no curso 2019/2020 en Grao e Máster en centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro) no curso 2019/2020.

b)  Estar matriculado dun mínimo de 45 créditos ou do máximo que lle permita a normativa da Universidade de Vigo.

c)  Presentar unha proposta de actividade realizada entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020, das descritas no punto 1 desta convocatoria.

d)  Contar co informe favorable dalgún membro do profesorado da súa titulación

 

 

Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7845, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, e por como asunto “Bolsas para a realización de actividades de carácter formativo”,  achegando unicamente o formulario coa solicitude.

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento.

Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda:https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal.

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • A certificación académica oficial dos estudos que lle deron acceso aos estudos de mestrado de telos feitos nunha universidade distinta a Universidade de Vigo.
  • Descrición da actividade para a que solicita a bolsa segundo o modelo do anexo II: detalle da actividade a realizar; lugar de destino; institución ou entidade de destino; duración da actividade; contido e obxectivo formativo da actividade que deberán contar co informe favorable dun/dunha profesor/a da súa titulación.
  • O alumnado que accedeu ao máster desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación y Formación Profesional a través do seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/eu/servicios-al-ciudadano/catalogo/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-extranjeros/equivalencia-notas-medias.html

Observacións

ACEPTACIÓN 

As persoas beneficiarias das bolsas deberán aceptar estas no prazo de 15 días desde a resolución de concesión mediante escrito dirixido á Sección de Axudas e Bolsas. De non o facer se lle concederá a bolsa a seguinte persoa da lista de agarda.

RENUNCIA

No caso de renuncia voluntaria deberá realizarse mediante escrito presentado na sede electrónica da Universidade de Vigo (sede.uvigo.gal) dirixido á Sección de Axudas e Bolsas, xunto co xustificante de reintegro da contía correspondente no caso de terse efectuado o pagamento. As renuncias aceptadas darán lugar á perda dos dereitos económicos e á concesión da bolsa á seguinte persoa da listaxe de agarda.

OBRIGAS:

A persoa beneficiaria deberá presentar unha vez finalizada a actividade:

  • Memoria final da actividade na que se recollan as actividades realizadas, os obxectivos acadados e as competencias adquiridas.
  • Certificado de asistencia á actividade ou, de ser o caso, informe do/a profesor/a da UVIGO que acredite a participación na actividade subvencionada.
  • Facturas orixinais e documentos xustificativos do pago das mesmas.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 37 61
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Atrás