Secretaría Uvigo

Bolsas de Mobilidade para o estudantado dos Mestrados Universitarios, 2020/2021

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 Mobilidade Máster
Data inicio solicitudes24/04/2021
Data fin solicitudes24/05/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7843
Descripción

OBXECTO:

Sufragar os gastos derivados da realización de actividades de contido formativo dos mestrados oficiais impartidos pola Universidade de Vigo, que se teñan que desenvolver nunha localidade diferente á da sede do seguintes mestrados:

  • Nanociencia e nanotecnoloxía
  • Lingüística aplicada
  • Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
  • Investigación química e química industrial
  • Xenómica e Xenética
  • Enxeñaría de minas

CONTÍA:

 

< 7 días gastos residencia

>= 7 días

>= 1 mes

Península e Baleares (100 km. ou máis*)

200€

500€

750€

Canarias e resto de Europa

500€

750€

1.000€

Resto do mundo

750€

1.000€

1.000€

Desprazamento diario sen cambio de residencia (menos de 100 km.)

  100 €                                          100 €                  100€

*aplicable así mesmo aos desprazamentos de mais de 50 km que acrediten documentalmente a pernocta

Requisitos

REQUISITOS:

a) Estar matriculado no curso 2020/2021, e en todo caso no momento de realizar o desprazamento subvencionado:

1º. na totalidade dos créditos do 1º curso dos mestrados de:

      • Nanociencia e nanotecnoloxía
      • Lingüística aplicada
      • Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
      • Investigación química e química industrial
      • Enxeñaría de minas

2º. a tempo completo dun mínimo de 60 créditos ou os que queden para finalizar os estudos no caso dos mestrados de:

      • Xenómica e Xenética

b) Non estar en posesión dun título de mestrado oficial

c) Realizar entre o 1 de setembro de 2020 e o 11 de setembro de 2021 unha actividade propia do mestrado que esixa desprazamento a unha localidade diferente á da sede do mestrado.

No caso dos mestrados cunha duración de 2 cursos o desprazamento poderá realizarse ata o 30 de outubro.

Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7843, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en Asunto “Bolsas mobilidade máster”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte a publicarse esta convocatoria ata o 24 de maio de 2021, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento. 

Para a presentación a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal.

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir ao formulario online (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • A certificación académica oficial dos estudos que lle deron acceso aos estudos de mestrado de telos feitos nunha universidade distinta a Universidade de Vigo.
    • No caso de alumnado que accede ao máster desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/203615/ficha.html

  • O currículo no que se sinalará, as titulacións, cursos, actividades de investigación e difusión (congresos, publicacións...) e experiencia profesional relacionada cos estudos de Mestrado a realizar.
  • Descrición da actividade para a que solicita a bolsa segundo o modelo do anexo II: desprazamento a realizar; lugar de destino; institución ou entidade; duración do desprazamento; proposta da actividade a realizar no destino. Esta proposta deberá contar co informe favorable da persoa coordinadora da titulación.
Observacións

OBRIGAS:

As persoas beneficiarias das bolsas están obrigadas a:

  • Destinar a bolsa á finalidade para a que foi concedida.
  • Presentar documentación acreditativa da participación na actividade subvencionada no prazo de 1 mes dende a finalización da actividade
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade

01/06/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións ata o día 15 de xuño ás 23:59 h (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou completar a solicitude.

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do formulario en liña dispoñible na Secretaría virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6087

Documentos da fase da convocatoria:

30/06/2021 Listaxe provisoria de bolsas concedidas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución ata o día 14 de xullo ás 23:59 h (hora peninsular española).

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do modelo dispoñible no enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6087 e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede.

Documentos da fase da convocatoria:

19/07/2021 Resolución definitiva de conceción

Observacións

As persoas beneficiarias das bolsas están obrigadas a:

  • Destinar a bolsa á finalidade para a que foi concedida.
  • Presentar documentación acreditativa da participación na actividade subvencionada no prazo de 1 mes dende a finalización da actividade.
Documentos da fase da convocatoria:
Atrás