Secretaría Uvigo

Axudas ao estudo UVIGO 2021/2022

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 BPUVIGO
Data inicio solicitudes24/12/2021
Data fin solicitudes01/02/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://seix.uvigo.es/
Requisitos

Para obter esta axuda non podes ter concedida a bolsa xeral do MEFP

Consultar na convocatoria:

  • requisitos xerais
  • requisitos académicos
  • requisitos económicos
Documentacion

Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:
- O anexo II asinado por cada membro da unidade familiar
- Se hai ascendentes dos pais e irmáns maiores de 25 anos con discapacidade:  certificado municipal conxunto correspondente a 31 de decembro de 2020.
- Sentenza de divorcio ou convenio regulador, de ser o caso.
- Se te declaras independente: documentación xustificativa de dispoñer dos medios económicos suficientes para facer fronte aos gastos, contrato de aluguer e xustificación de ingresos, así como certificado municipal conxunto correspondente a 31 de decembro de 2020.
- Documentación acreditativa das situacións que dan dereito a dedución no cálculo da renda:

1. Título familia numerosa.
2. Acreditación de orfandade absoluta.
3. Certificado de discapacidade (do/a solicitante, irmáns e fillos/as do solicitante).
4. Irmáns estudantes universitarios residentes fora do domicilio familiar durante o curso anterior 2020/2021 (expediente académico e contrato de aluguer).

- Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro polos membros da unidade familiar do ano 2020.

- Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no ano 2020 exentos de IRPF (RISGA, pensión de orfandade, pensión de incapacidade...)

- No caso de residir fora do domicilio familiar e a distancia entre este e o centro universitario sexa inferior a 40 km achegarase contrato de aluguer ou xustificante da residencia que abranga o curso académico, os horarios lectivos e os horarios dos medios de transporte público

Observacións

Instruccións para presentar a solicitude:

accede ao Impreso de solicitude en http://seix.uvigo.es/, na páxina de inicio preme en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda selecciona "bolsas propias de estudos / AXUDAS AO ESTUDO". 

Inclue a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos. 

IMPORTANTE: Para calquera dúbida contacta coa Sección de Axudas e Bolsas no teléfono 986 81 36 11 ou no correo electrónico bolsas@uvigo.es

 

Prazo para resolver6 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 36 11
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo

02/03/2022 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Descrición

Alegacións dende o día seguinte ao desta publicación ata o 16 de marzo as 23:59 (hora peninsular española) a través do formulario.

Documentos da fase da convocatoria:

25/03/2022 Listaxes provisorias de bolsas concedidas e denegadas

Descrición

Alegacións dende o día seguinte ao desta publicación ata o 18 de abril ás 23:59 (hora peninsular española) a través do formulario.

Documentos da fase da convocatoria:

09/05/2022 Listaxe definitiva de bolsas concedidas e denegadas

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás