Secretaría Uvigo

Bolsas para a realización de cursos no Centro de Linguas, curso 2020/2021

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 Bolsas_Centro_Linguas
Data inicio solicitudes13/02/2021
Data fin solicitudes12/03/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6871
Descripción

OBXECTO

Estas bolsas teñen por obxecto facilitar a aprendizaxe de linguas estranxeiras ao alumnado de titulacións oficiais da Universidade de Vigo financiando o custo de matrícula nos cursos do Centro de Linguas da Universidade

CONTÍA:

A contía individual máxima da bolsa será equivalente ao 75% do importe de matrícula do curso de linguas. So se percibirá o importe correspondente a 1 curso

Requisitos
  • Posuír a nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea, ou de terceiros países cando se acredite a condición de residente permanente en España.
  • Estar matriculado/a no curso 2020/2021 en centros propios da Universidade de Vigo nalgunha das titulacións oficiais de grao, máster ou doutoramento.
  • No caso do alumnado de continuación de estudos de Grao e Máster ter superado o 40% dos créditos matriculados no último curso realizado.
  • Ter realizado ou estar cursando un curso de idiomas do Centro de Linguas no curso 2020/2021.
  • Non ter concedida esta bolsa en convocatorias anteriores agás cando se trate dun segundo curso que sexa continuación doutro rematado e subvencionado.
  • Así mesmo e debido a imposibilidade de realizar a correspondente convocatoria no 2020 por mor da declaración do estado de alarma, admitiranse nesta convocatoria as solicitudes de alumnado matriculado no curso 2019/2020 que realizou un curso de idiomas do Centro de linguas no 2º cuadrimestre do curso 2019/2020, sempre e cando cumpra os restantes requisitos
Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, pondo en Asunto “Bolsa do Centro de Linguas ”, achegando unicamente o formulario coa solicitude

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes (formulario) é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento.

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • O alumnado que accedeu ao máster e doutoramento desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación y Formación Profesional a través do seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/eu/servicios-al-ciudadano/catalogo/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-extranjeros/equivalencia-notas-medias.html

 

Observacións

No suposto de que o orzamento dispoñible non fose suficiente para atender a todas as persoas con dereito a percibir a bolsa, estas serán adxudicadas, respectando as prioridades establecidas, en función da nota media ponderada do expediente:

  1. no caso de alumnado de grao a nota media ponderada da titulación cursada
  2. no caso de alumnado de máster e doutoramento nota media ponderada da titulación de grao que lle da acceso.

Para a ponderación, no caso de estudos realizados en universidades españolas, terase en conta a nota media que, de acordo cos datos da Clasificación Internacional Normalizada da Educación (ISCED), corresponda á súa titulación na universidade na que a cursou. Para os estudos realizados no estranxeiro, a ponderación realizarase tendo en conta as notas medias ISCED para estudos estranxeiros

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo

15/04/2021 Listaxe provisoria de admitidos e excluídos e corrección de erros

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución ata o día 29 de abril ás 23:59 horas (hora peninsular española)

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do formulario en liña dispoñible

 na Secretaría virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6087

Documentos da fase da convocatoria:

10/05/2021 Listaxe provisoria de solicitudes concedidas e denegadas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o  25 de maio ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os defectos observados.

O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do formulario en liña dispoñible na Secretaría virtual no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6087

Documentos da fase da convocatoria:

04/06/2021 Resolución definitiva de concesión

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás