Secretaría Uvigo

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG para o ano 2021

TipoGrupos de investigación
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2021XGCEDU16022021CONS
Data inicio solicitudes17/02/2021
Data fin solicitudes16/03/2021
Descripción

Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.

Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.

Modalidade C: Proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando con traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto. Segundo as características poden presentarse a dúas modalidades:

- Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada

- Liña de reforzo de traxectorias emerxentes

Observacións

Establécese un prazo interno para a presentación de solicitudes ata o 5 de marzo de 2020.

Consulte nas fases 0 e 1 o procedemento para facelo.

Prazo para resolverseis meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Convocatoria (DOG 16/02/2021): https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-030221-0001_gl.pdf
Web da convocatoria (contén modelos da memoria): https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33228

XUSTIFICACIÓN ANUALIDADE 2021

Descrición

Xustificación anualidade 2021 para as convocatorias de Consolidación:

  • prazo interno de envío declaración e memoria 15 de novembro (fin xustificación 20 de novembro)
  • prazo interno de envío declaración e memoria 23 de novembro (fin xustificación 30 de novembro)
      • 2017 ( EXCELENCIA)
      • 2019 (CENTROS DE INVESTIGACIÓN)
Documentos da fase da convocatoria:

FASE 3: concesión

Descrición

Resolución do 28 de xuño de 2021: concesión de axudas (DOG de 8 de xullo)

FASE 2: admisión de solicitudes

Descrición

Listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas

Listas provisionais:

Grupos de Referencia Competitiva (GRC): Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas

Grupos con Potencial de Crecemento (GPC): Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas 

Proxectos de Excelencia: Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas

FASE 1: presentación da solicitude na sede da Xunta

Descrición

Modalidades de axudas A (GRC) e B (GPC): A Sección de Investigación informará aos grupos que teñan presentado a solicitude na fase 0, se acadan os requisitos mínimos exisidos na convocatoria. No caso de acadalos, os grupos poderán solicitar a axuda na sede electrónica da Xunta de Galicia seguindo as indicacións que a Sección de Investigación lles remitirá por correo electrónico. 

Modalidade C (traxectoria excelente): o persoal investigador que decida solicitar a axuda recibirá por correo electrónico as instrucións para presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Documentos da fase da convocatoria:

FASE 0: procedemento interno de pre-solicitude

Descrición

Axudas á grupos das modalidades A (GRC) e B (GPC): os grupos interesados en solicitar este tipo de axudas deberán presentar a súa solicitude de participación na sede electrónica da Uvigo utilizando o formulario dispoñible máis arriba, en Documentos da convocatoria. A Sección de Investigación comprobará se o grupo cumpre cos requisitos mínimos exisidos na convocatoria.  

Axudas a proxectos da modalidade C (traxectoria excelente): o persoal investigador que cumpra os requisitos mínimos será contactado pola Sección de Investigación para que manifeste o seu interese en solicitar, ou non, esta axuda e indicaráselle o procedemento a seguir.

Atrás