Bolsa para o inicio de estudos en Máster oficial, 2020/21
Tipo | Bolsa de estudo |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2020_2021 BIM |
Data inicio solicitudes | 08/02/2021 |
Data fin solicitudes | 26/02/2021 |
Enderezo formulario para solicitude online | http://seix.uvigo.es |
Descripción | Estas bolsas teñen por obxecto financiar os prezos públicos derivados da matrícula, do alumnado que inicia estudos de máster oficial e que se ve afectado polos cambios de requisitos académicos introducidos polo RD 1000/2012, do 29 de xuño (BOE do 5 de xullo) A contía da bolsa será equivalente ao importe dos prezos públicos por servizos académicos no curso académico 2020/2021. So se percibirá o importe correspondente a unha titulación no caso de simultaneidade de estudos. |
Requisitos | Requisitos xerais Posuír a nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea, ou de terceiros países cando se acredite a condición de residente en España a 31 de decembro de 2019. Excepcionalmente, no caso das persoas solicitantes de estatuto de refixiado ou protección subsidiaria, o permiso de residencia legal poderá obterse ata o 30 de xuño de 2020. Non estar incluído nos casos de exención total de prezos públicos previstos no Decreto 102/2020, do 9 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2020/21. Requisitos académicos a) Estar matriculado/a por primeira vez nun máster no curso académico 2020/2021 de 60 créditos ou curso completo. b) Obter nos estudos previos que lles dean acceso ao máster unha nota media inferior a: - 6,5 no caso de estudos de máster que habiliten para o exercicio dunha profesión regulada. - 7 nos restantes estudos de máster. c) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda. Requisitos económicos a) Que a renda da unidade familiar calculada tal e como se establece na convocatoria xeral de bolsas MEFP, non supere os seguintes limiares:
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable. b) Que o patrimonio familiar non supere os seguinte limiares:
Os valores catastrais pondéranse polos coeficientes establecidos na normativa de bolsas MEFP de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2020/2021. Será de aplicación a efectos do cálculo da renda e do patrimonio, e da composición da unidade familiar o disposto na normativa de bolsas MEFP de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2020/2021. No caso de ter solicitado bolsa xeral do Ministerio de educación (MEFP) tomarse a mesma unidade familiar declarada ao MEFP. |
Documentacion | Se presentaches a solicitude de bolsa xeral do Ministerio de Educación NON é necesario que presentes documentación. No caso de precisar algún documento solicitámolo por correo electrónico. Se NON presentaches a solicitude de bolsa xeral do Ministerio de Educación deberás presentar a documentación indicada no punto 5.3 da convocatoria. |
Observacións | Instruccións para presentar a solicitude:
|
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Teléfono: | 986 81 36 11 |
Teléfono: | 986 81 36 12 |
Correo electrónico: | bolsas@uvigo.es |
: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |