Secretaría Uvigo

Bolsa formación Vicerreitoría Campus Pontevedra

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 FORM. VIC. PON.
Data inicio solicitudes03/02/2021
Data fin solicitudes26/02/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6873
Descripción

Obxecto:

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

Nº de bolsas: 1

Duración: 3 meses , iniciándose non antes do 1 de abril de 2021 e finalizando o 30 de xuño de 2021.

Contía:

A contía bruta será como máximo:

  • Bolsa: 15 horas semanais: 360 €/mes
Requisitos
  • Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente permanente en España a 31 de decembro de 2019 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado no curso 2020/2021 e durante todo o período de duración da bolsa, nalgunha das seguintes titulacións:
    • Grao en Publicidade e Relacións Públicas
    • Máster en Dirección de Arte en Publicidade
    • Grao en Comunicación Audiovisual
    • Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
  • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se Para estes efectos terase en conta ultimo día do prazo de presentación de solicitudes.
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.
Documentacion

Solicitude:

As persoas solicitantes deberán encher o formulario online no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6873, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, pondo no Asunto “bolsa de formación Vicerreitoría do Campus de Pontevedra” achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Documentación:

Deberán subir ao formulario online a seguinte documentación en formato pdf. (Non hai que subir a documenctación á Sede electrónica)

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo
  • A documentación xustificativa dos cursos relacionados co perfil formativo, segundo os criterios de selección establecidos no punto 8.
  • Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a correcta avaliación de requisitos e méritos alegados.

    O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion

02/03/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluidas

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás