Secretaría Uvigo

AXUDAS COVID-19

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 BCOVID
Data inicio solicitudes22/01/2021
Data fin solicitudes19/02/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6869
Descripción

O obxecto das axudas é atender as necesidades do alumnado matriculado na Universidade de Vigo en estudos universitarios oficiais de Grao, Máster e Doutoramento, afectado pola consecuencias económicas da declaración do estado de alarma que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

 

Requisitos

Pode solicitar axuda o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

Estar matriculado/a en titulacións de Grao, Máster e Doutoramento da Universidade de Vigo no curso 2020/2021 e:

a) Atoparse algún membro da unidade familiar nalgunha das seguintes situacións:

  • Estar en situación de desemprego ou de Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE) como consecuencia directa do COVID-19.
  • Ser traballador/a por conta allea e ter reducido a xornada laboral por coidados como consecuencia directa do COVID-19.
  • Ser traballador/a por conta propia e ter concedida a prestación extraordinaria por cese de actividade.
  • Ser traballador/a do fogar e ter concedido o subsidio extraordinario por falta de actividade.

b) ou ter que reintegrar a bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional do curso 2019/2020 por baixo rendemento académico debido a causas derivadas da pandemia (enfermidade da persoa solicitante ou dalgún outro membro da unidade familiar).

 

Documentacion
  • Se a situación descrita no punto 2 afecta a irmán/irmá do solicitante maior de 25 anos, e ascendentes ou proxenitores separados legalmente que conviven coa persoa solicitante: Certificado de empadroamento conxunto relativo ás persoas empadroadas na vivenda no momento da presentación da solicitude e nos 6 meses anteriores.
  • ERTE: certificado expedido pola entidade xestora da prestación, na que figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios de desemprego.
  • Redución xornada laboral: copia do contrato de traballo ou anexo no que figure tal circunstancia e a nómina que conteña o concepto de redución correspondente ao primeiro trimestre do ano e ao mes en que se teña producido a diminución nos ingresos.
  • Traballadores por conta propia: certificado expedido pola entidade xestora da prestación na que figure a contía mensual percibida.
  • Traballador/a do fogar: certificado expedido pola entidade xestora da prestación na que figure a contía mensual percibida.
  • No caso de atoparse na situación descrita no punto 2.b) debe presentar documentación xustificativa da enfermidade.

Tamén se lle poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para avaliar correctamente os requisitos.

Observacións

Instruccións para presentar a solicitude:

  1. cubre o formulario de solicitude en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6869  e sube a documentación que acredite a túa situación. 
  2. descarga o formulario e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER).

No caso de ter que aportar  máis documentación podes facelo a través do seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6872

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 36 11
Teléfono: 986 81 36 12
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo

02/03/2021 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluido

Descrición

Prazo de presentación de alegacións do día 3 ao 17 de marzo a través do formulario.

Documentos da fase da convocatoria:

07/04/2021 Listaxe provisoria de axudas concedidas e denegadas

Descrición

O prazo de alegacións remata o 21 de abril as 23:59 (hora peninsular española) a través do formulario.

Documentos da fase da convocatoria:

29/04/2021 Listaxe definitiva de axudas concedidas e denegadas

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás