Secretaría Uvigo

Axudas ao alumnado por causas sobrevidas_Xunta de Galicia 2020/2021

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2020_2021 BCS XUNTA
Data inicio solicitudes13/01/2021
Data fin solicitudes31/07/2021
Descripción

Axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario Galego que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos.

Requisitos

1. Causas sobrevidas no curso académico 2020/21:
a) orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar.
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2020/21. 
2. Causas xurdidas como consecuencia da COVID-19:
Que algún dos sustentadores principais da unidade familiar estean en situación de
desemprego, en Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE) ou en calquera
outra situación que supoña unha merma económica ou laboral como consecuencia directa
da COVID-19. 

3. a) Estar matriculado, no curso académico 2020/21, como mínimo en 50 créditos, incluídos os créditos recoñecidos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos, incluídos tamén os créditos recoñecidos.

b) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2021 multiplicada por 1,50.
c) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Documentacion

Indicada na convocatoria.

Observacións

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación das solicitudes:
– Se a causa aconteceu con anterioridade á publicación da convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será ata o 13 de febreiro de 2021.
– Se a causa xurde con posterioridade á publicación da convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa, coa data límite do 31 de xullo de 2021.

Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32906
Atrás