Bolsas para desenvolver actividades relacionadas cos plans de internacionalización dos centros, curso 2018/2019

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-1102
Data de inicio de solicitudes08/05/2018
Data de fin de solicitudes29/05/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3586
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación do alumnado colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas aos mesmos relacionadas coas iniciativas de internacionalización dos seguintes centros da Universidade de Vigo:

Campus de Ourense

            B1. Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Campus de Vigo

            B2-. Facultade de Bioloxía e Facultade de Ciencias do Mar

            B3- Escola de Enxeñería de Telecomunicación e Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía

            B4- Escola de Enxeñería Industrial

            B5- Escola Universitaria de Estudos Empresariais

            B6- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Campus de Pontevedra

            B7- Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

 

 

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no prazo de presentación de solicitudes e durante todo o período de duración da bolsa en titulacións oficiais de Grao ou Máster no campus para o que solicite a bolsa.
  • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Acreditar un nivel de coñecemento de lingua inglesa mínimo equivalente a un B2 segundo a táboa aprobada pola CRUE http://www.crue.org/Documentos%20compartidos/Certificados%20para%20la%20acreditaci%C3%B3n%20de%20niveles%20de%20ingl%C3%A9s.pdf
  • Acreditar un nivel de coñecemento de galego mínimo equivalente ao Celga 4.
Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

  • Certificación académica oficial dos estudos universitarios no caso de ser realizados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo.
  • Acreditación do nivel de idiomas de B2 de inglés e CELGA 4 de galego.

Acreditación do nivel de coñecementos superiores doutras linguas según o establecido nos criterios de selección do punto 8 desta convocatoria

Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas

04/06/2018 Listaxe provisoria do alumnado admitido

Observacións

Tendo en conta que neste caso tódalas solicitudes presentadas cumpren os requisitos de admisión, non cabe a apertura do prazo de alegacións, e as solicitudes trasládanse a Comisión de valoración tal como se establece no punto 8 do anexo I da convocatoria

Documentos dunha fase de convocatoria:

03/07/2018 Listaxe definitiva do alumnado seleccionado

Descrición

Rematado o proceso de selección e tendo en conta que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos na convocatoria, non é preciso a apertura un prazo de alegacións polo que á vista da proposta da comisión de avaliación, a sección de axudas e bolsas, publica a listaxe do alumnado seleccionado 

Observacións

As persoas seleccionadas deberán presentarse o día 3 de setembro no centro seleccionado. No caso de non presentarse entenderase que renuncia á bolsa

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás