Convocatoria para a adhesión de empresas do norte de Portugal ao programa de bolsas de formación para a realización de prácticas. EURES transfronteirizo Galiza - norte de Portugal

TipoPrácticas
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoEUR0012018
Data de inicio de solicitudes04/05/2018
Data de fin de solicitudes11/05/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3587
Descripcion

O obxectivo desta convocatoria é realizar unha selección de empresas e entidades ubicadas na rexión Norte de Portugal que ofrezan planos formativos adecuados e as mellores condicións xerais para o desenvolvemento de prácticas externas extracurriculares, coa finalidade de conformar a oferta dunha convocatoria posterior de 10 bolsas de formación de dous meses de duración (xullo-agosto) para estudantes de titulacións oficiais de grao impartidas na Universidade de Vigo.

Requisitos

Empresas e entidades con sede social en Portugal e centros de traballo ubicados nalgún dos distritos  que pola súa cercanía ao contexto xeográfico da Universidade de Vigo permitan aos seus estudantes a realización dun período de prácticas con carácter transfronteirizo e que se relacionan de seguido:

  • Viana do Castelo
  • Braga
  • Oporto
  • Vila Real

Para adherirse ao programa deberán:

  • Estar legalmente establecidas.
  • En relación ao plano formativo que se propón, contar con persoal cun nivel de estudos e unha cualificación profesional adecuados para a titorización dos ou das estudantes en prácticas que se acollan.
Documentacion

Formulario en liña.

Observaciones

Todas as propostas que cumpran os requisitos sinalados serán seleccionadas para conformar a oferta que será obxecto doutra convocatoria posterior entre o alumnado da Universidade de Vigo para o desfrute de 10 bolsas de formación para á realización de prácticas externas extracurriculares nesas empresas/entidades.

A elección das empresas nas que se desenvolverán as prácticas recaerá nos 10 estudantes con mellor expediente segundo establezan as bases da convocatoria posterior. A adhesión ao programa non suporá obrigatoriamente a asignación dun ou dunha estudante en prácticas.

A Universidade de Vigo fará fronte aos custos e á xestión dos pagamentos das bolsas así como aos relativos á encadramento e cotización á Seguridade Social dos e das estudantes en prácticas.

Cada bolsa asignada ao alumnado, abonarase a cargo da Universidade de Vigo e estará dotada cun coste económico total por beneficiario de 800€ máis os derivados da Seguridade Social.

O período de desenvolvemento das prácticas abranguerá obrigatoriamente dende o 1 de xullo de 2018 até o 31 de agosto de 2018 e o réxime de dedicación será de 25 horas semanais das que, cando sexa necesario para facilitar o carácter transfronteirizo das mesmas, poderán realizarse con carácter non presencial ata un 30%.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: negociadoemprego@uvigo.es
Teléfono: +34 986 812136
Enderezo web: http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/eures/practicas/
Atrás