Secretaría Uvigo

Premios CÁTEDRA MN ao desenvolvemento de Proxectos Tecnolóxicos, 2020/2021

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoCAT.MN-PROXECT_TEC
Data inicio solicitudes23/10/2020
Data fin solicitudes04/12/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6842
Descripción

Obxecto:

Premiar o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos das temáticas:

  • Desenvolvemento de chatbot por voz para verificación de información persoal (por exemplo direccións de correos electrónicos) obtida mediante programas rastreadores (“crawlers”).
  • Desenvolvemento de app (Android e IOS) de recoñecemento multibiométrico (voz, faciana, pegada, etc.)  aplicado ás actividades empresariais, en particular ao control do horario laboral.

Contía

Achega económica máxima de 2.500 € por proxecto

Requisitos
  1. Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
    • Alumnado matriculado na Universidade de Vigo no curso 2020/2021 nas titulacións da rama de Enxeñaría.
    • Persoas egresadas no curso 2018/2019 ou posteriores na UVIGO nas titulacións anteriores.
  2. Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de tres persoas, das que unha delas figurará como coordinador/a do equipo.
  3. Os proxectos debe estar relacionados con algunha das seguintes temáticas:
    • Desenvolvemento de chatbot por voz para verificación de información persoal (por exemplo direccións de correos electrónicos) obtida mediante programas rastreadores (“crawlers”).
    • Desenvolvemento de app (Android e IOS) de recoñecemento multibiométrico (voz, faciana, pegada, etc.)  aplicado ás actividades empresariais, en particular ao control do horario laboral.

Os  sistemas desenvoltos deberán poder ser distribuídos con licencia de código aberto tipo GNU General Public License.

Documentacion

Solicitude:

A persoa solicitante ou coordinadora deberá encher o formulario online no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6842, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, pondo en Asunto “premios CÁTEDRA MN Proxectos Tecnolóxicos”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías

Prazo de presentación das solicitudes:

Dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Taboleiro de anuncios ata o 20 de novembro de 2020 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

Documentación:

Subiráse ao ao formulario online (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Proposta inicial de memoria do traballo na temática escollida na que consten as actividades e o cronograma.
  • Curriculum vitae de cada membro do equipo no que figure a formación e experiencia previa relacionada coa temática do proxecto
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás