Secretaría Uvigo

Premios Extraordinarios de Doutoramento 2020

TipoPremios extraordinarios de doutoramento
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPED-2020
Data inicio solicitudes02/11/2020
Data fin solicitudes13/11/2020
Descripción

En cumprimento do establecido no artigo 45 do Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade de Vigo, esta Reitoría resolve publicar a convocatoria de Premios Extraordinarios de Doutoramento para as teses lidas na Universidade de Vigo no curso académico 2019/2020 que acadasen a cualificación "sobresaliente cum laude" entre o 1 de setembro de 2019 ata o 31 de xullo de 2020.

Excepcionalmente, como consecuencia do adiamento de algunhas teses por mor do
estado de alarma vixente durante 2020, aquelas teses lidas posteriormente ao 31 de xullo de 2020 e
antes do 19 de outubro poderán opcionalmente ser presentadas nesta convocatoria, segundo o
establecido no apartado 1 “Requisitos das persoas solicitantes".

Requisitos

1. Ter defendido a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo entre o 1 de setembro de
2019 e o 31 de xullo de 2020. Excepcionalmente, as teses lidas posteriormente ao 31 de xullo
de 2020 e antes do 19 de outubro poderán opcionalmente ser presentadas nesta convocatoria,
sempre que en data 30/09/2020 tiveran rematado o seu prazo de exposición pública.
2. Que a tese de doutoramento acadase a mención “Cum Laude”.
3. Ter presentado no prazo establecido a documentación referida na sección 3 “Presentación
formal de candidaturas”.

Documentos da convocatoria

RR nº Premios, coa distribución por ámbitos e listaxe definitiva de posibles persoas candidatas con indicación do campo cneai

Descrición

RESOLUCIÓN REITORAL  de 2 de novembro de 2020 pola que se publica o número de premios coa súa distribución por ámbitos e a listaxe definitiva de posibles persoas candidatas aos premios extraordinarios de doutoramento 2019-2020 con indicación do campo cneai asignado

 

Documentos da fase da convocatoria:

RR relación provisional tribunais encargados concesión Premios Extraordinarios Doutoramento

Descrición

No seguinte enlace pódese conultar a RR pola que  se publica a relación provisional de tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión de Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao ano académico 2019-20

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=22087940

RR Listaxe provisional de solicitudes admitidas a trámite

Descrición

Bo día, 

Con data de hoxe publícase no taboleiro electrónico da Unversidade de Vigo a listaxe provisional de solicitudes admitidas a trámite para optar aos Premios Extraordinarios de Doutortamento correspondente ao curso académico 2019-2020.

Pódese consultar n seguinte ligazón:

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=22124314

Atentamente,

 

RR relación definitiva tribunais encargados concesión Premios Extraordinarios Doutoramento

Descrición

Resolución Reitoral do 2 de febreiro pola que se publica a relación defintiva de tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión de PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE DOUTORAMENTO correpondentes ao curso académico 2019-2020.

Pódese consultar na seguinte ligazón:

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=22184459

RR Listaxe definitiva de solicitudes admitidas a trámite

Descrición

No día de hoxe faise pública no taboleiro electrónico a listaxe definitiva de solicitudes admitidas a trámite de Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2019-2020.

A Resolución Reitoral pode consultarse na seguinte ligazón:

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=22263778

RR Listaxe definitiva de solicitudes admitidas a trámite (corrección erros)

Descrición

Bo día,

Publicamos novamente a Resolución Rectoral coa listaxe defintiva das solicitudes admitidas a trámite para optar aos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2019-2020,  una vez que se detectou que, por error  a aplicación desconfigurou o documento,  incorporando numerosas páxinas en branco, sen ningún contido pero que podían xerar confusión.

Esta información pode consultarse na seguinte ligazón:

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=22274582

Un saúdo, 

RR relación definitiva tribunais encargados concesión Premios Extraordinarios Doutoramento

Descrición

Públicase a RR coa relación definitiva de tribunais encargados da concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento, unha vez detectado un erro na composición do tribunal do ámbito xurídico-social.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás