Secretaría Uvigo

Premios INCUVI-AVANZA, 2020

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_INCUVI AVANZA
Data inicio solicitudes16/10/2020
Data fin solicitudes30/10/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6837
Descripción

Obxecto:

Axuda a persoas que contribúa á consolidación de proxectos emprendedores viables, nacidos ou desenvolvidos na Universidade de Vigo e promovidos por estudantes ou persoas recentemente tituladas na mesma

A axuda consiste en:

1. Axuda en especie:

a)Formación: Os equipos emprendedores recibirán formación dirixida a validación dos seus modelos de negocio, prototipación e  marketing ó longo dos 6 primeiros meses do programa (Xaneiro-Xuño 2021).

b)Mentorización: contarán cun equipo de mentores/as que asesorarán os proxectos ó longo dun período comprendido entre 6 y 10 meses (febreiro- novembro 2021).

Para os servizos de formación e mentorización, que poderán facerse tanto de xeito presencial como en liña, a Universidade de Vigo realizará a contratación dunha entidade externa someténdose á Lei de Contratos do Sector Público segundo establece a disposición quinta da Lei Xeral de Subvencións, por un custo máximo de 1.500 € por proxecto.

2. Achega económica máxima de 1.000 € por proxecto para facer fronte a custos de prototipación ou demo dun produto ou servizo que forme parte da iniciativa emprendedora. Os custos a subvencionar son:

    • Adquisición de equipamento e material instrumental necesarios para construír o prototipo do produto/servizo final.
    • Calquera outro que a universidade considere relevante para testar determinados atributos do servizo ou produto presentado como parte do proxecto emprendedor.
Requisitos
  1. PERSOAS SOLICITANTES: os membros dos equipos emprendedores das ideas deben pertencer a algún dos seguintes colectivos:
  • Alumnado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de grao ou mestrado no curso 2020/2021.
  • Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2017/2018 ou posteriores.
  • Persoas tituladas noutras universidades españolas no curso 2017/2018 ou posteriores, sempre que non superen o 50% dos membros do equipo.
  1. COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS:
  • A idea emprendedora poderá presentarse de maneira individual ou en equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso haberá unha persoa que actuará como coordinadora do equipo.
  • A persoa ou equipo promotor deberán ter a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
  • Non se poderá presentar máis de un proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.
Documentacion

Solicitude:

A persoa promotora ou a persoa coordinadora do equipo deberá cubrir o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6837 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e pór en asunto “Axudas INCUVI Avanza”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

 

Documentación:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  1. Breve currículo de todas as persoas integrantes do equipo emprendedor (máximo 1 cara tamaño A4) no que indiquen formación, experiencia e outra información considerada de utilidade para reforzar a súa candidatura.
  2. Carta de interese/motivación redactada pola persoa promotora da idea/coordinadora do equipo na que xustifiquen a súa motivación e compromiso potencial para traballar na maduración da idea emprendedora a través da súa participación no programa INCUVI-Avanza.
  3. Vídeo de presentación do proxecto, cun formato mp4 e de duración non superior a 2 minutos.
  4. Formulario de renuncia, que terán que cubrir e firmar aqueles membros beneficiarios das axudas no INCUVI-Emprende (e que polo tanto opten a axuda pola Modalidade 1) que decidan desvincularse da idea na que traballaron ó longo do programa.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás