Secretaría Uvigo

Premios INCUVI-EMPRENDE 2020/2021

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_INCUVI EMPRENDE
Data inicio solicitudes16/10/2020
Data fin solicitudes30/10/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6833
Descripción

Obxecto:

Apoiar as ideas emprendedoras que xurdan entre o alumnado e persoas recentemente tituladas pola Universidade de Vigo co fin de fomentar o espírito emprendedor e impulsar as habilidades e competencias emprendedoras entre a comunidade universitaria.

Axuda:

Consiste na formación e titorización do equipo emprendedor durante un período de preincubación de 7 meses. Estas accións irán encamiñadas a elaborar un modelo de negocio das ideas presentadas

 

Premios:

O número máximo de proxectos seleccionados será 12. Poderán desenvolverse en calquera dos tres campus da Universidade de Vigo (Ourense, Pontevedra ou Vigo) e abranguer todos os ámbitos de coñecemento: tecnolóxico, científico, xurídico-social e humanidades

Nota informativa:

Poden participar nos equipos emprendedores PDI e PAS con titulación universitaria da Universidade de Vigo, que en ningún caso constarán como titulares da axuda.

 

Requisitos
  1. Os membros dos equipos promotores das ideas deberán pertencer a algún dos seguintes colectivos:
      • Alumnado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de grao ou mestrado no curso 2020/2021.
      • Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2017/2018 ou posteriores.
      • Persoas tituladas noutras universidades españolas no curso 2017/2018 ou posteriores, sempre que non superen o 50% dos membros do equipo.
  2. A idea emprendedora poderá presentarse de maneira individual ou en equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso existirá unha persoa que actuará como coordinadora do equipo. A persoa ou equipo promotor deberán posuír a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
  3. Non se admitirán proxectos presentados por grupos nos que algún dos membros fose premiado en anteriores convocatorias de INCUVI.
  4. Non se poderá presentar mais dun proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores
Documentacion

Solicitude:

Deberá cubrir o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6833, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Axudas INCUVI Emprende”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes presentadas por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados/as neste procedemento. 

Prazo:

Ata o 30 de outubro de 2020 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

Documentación:

Non hai que subir a documentación á sede electrónica. Deberase subir ao formulario en liña:

  1. Breve currículo de todas as persoas integrantes do equipo emprendendor (máximo 1 cara tamaño A4) no que indiquen formación, experiencia e outra información considerada de utilidade para reforzar a súa candidatura.
  2. Carta de interese/motivación redactada pola persoa promotora da idea/coordinadora do equipo na que xustifiquen a súa motivación e compromiso potencial para traballar na maduración da idea emprendedora a través da súa participación no programa INCUVI-Emprende.
  3. Outra documentación complementaria que consideren oportuno achegar.

O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás